Antonio Losada, ese gran antisistema
Antonio Losada enfrontouse il soiño á Policía (ou Poliza), é dicir, ás forzas represoras do Estado Español. Cambiou o traxe e garabata por unhas rastas, unhas zapas suxas e unha sudadeira descolorida no máis xenuino estilo perroflauta e antisistema. Amenazounos, pero non cun "cótel molotoff" senón con abrirlles un expediente, o poder(cillo) é o que che ten, inda que unha cousa é ser Vice e outra moi diferente Vice de Igualdade e Benestar, curiosamente:
Igualdade: todos/as os/as galegos/as teñen dereito/a a poder insultar e ameazar á Poliza sen que pase nada.
Benestar: oes, o ben que te quedas despois de meter catro berros a un/ha madero/a. Isto vai ser un dereito básico da Región Gallega.
En Inseminario xa volo advertimos hai tempo. Chega o momento de estar SuperAProl de Antonio.

Vicepresidencia de Algo.
2 Comments:
Un personaxe a altura das circunstancias. Ninguén podería representar mellor ca él o continuismo do novo goberno. Facismo e terrorismo digno de Fraga. Un gran demagogo tamén, iso non llo quita ninguén, rollo progre, iso sí.
dios, isto dá para reflexionar un bo cacho porque: ¿quen non foi progre de mozo e conservador de pai de familia? ¿quen non pasou dos estrados das aulas universitarias aos micrófonos das tertulias radiofónicas e aos sillóns do poder? pero mira ti que deben serche ben incómodos, os sillóns, ou simplemente as mamparas co logotipo institucional ja, ja
daría tamén á miña noraboa a este imprescindible inseminario se isto non fora tan politicamente correcto que dá noxo, así que mellor que o susodito siga creando partidos e faccións superaprol de quen faga falla
Enviar um comentário
<< Home