INSEMINARIO

a punk attitude

5.3.07

Progresismo climático

Ven de ser creada recentemente a Asociación a Prol Progresismo Climático (APPC). Esta asociación nace como resposta ao reaccionarismo climático que comeza a dominar o panorama público, pois os reaccionarios queren mater o clima actual a toda costa.
Na APPC defende o Progresismo Climático, é dicir, están SuperAProl do cambio climático. Este traerá vantaxes indubidábeis para a Región Gallega, vexamos:

  1. Eliminamos o feísmo: asolagados Cee, Vigo, Vilagarcía, Lacoruña, Foz, Barreiros, Cangas, Moaña, etc o feísmo diminuirá considerablemente.
  2. O clima será máis favorable ao nudismo femenino, veranse máis mulleres en camisolas de tirantes e máis minifaldas. Todos seremos máis felices.
  3. Estás ata o cú de patacas? cultivaremos dátiles.
  4. Aforraremos en calefacción polo que teremos máis cartos para invertir en aire acondicionado.
  5. O Cañón do Sil é o Gran Porto Interior que a Región Gallega precisa (estímase que serán creados uns 2.990.032 postos de traballo).
  6. etc.

Polo tanto, reinvindicamos o noso dereito a ter un camión cada un e un par de centrais térmicas en réxime cooperativo.
APPC é unha ONG dependente de Reticencia Galega, filial da Asociación de Xente Normal e da Asociación de Amigos da Xente Normal. Inseminario declárase SuperAFavor do Progresismo Climático.

Jonh Protón

3 Comments:

At 3:25 da tarde, Anonymous Anónimo said...

sinto dicilo, este é un post pouco vangardista e que pouco progresa na ata o de agora tan prometedora liña inseminario.

 
At 4:19 da tarde, Blogger Basho said...

Pois eu já enviei solicitude de ingreso no coleitivo. Estou SPP ou SPF. A moderno não me ganha nem deus...

 
At 7:03 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Pois eu estou superafavor do cambio climático en Galicia. O mellor así deixamos de traballar tanto (para nada polo visto) e comezamos unhas vacacións que creo xa tiñamos merecidas.
Ademais o mellor co calor os homes galegos coidanse mais e aprenden a bailar, a seducir, a enamorar. Si, si .... gustame a idéa ...superafavor
Tanto traballar, tanto traballar ... superencontra

 

Enviar um comentário

<< Home