¿En que se difencia un tucho de un gafapasta?
O Comité Inseminario para que a Noite non Vos Confunda (CINVC) ven de elaborar unha guía da fauna noctura galega, en cuio primeiro capítulo desentrañamos as sutís diferenzas entre un tucho e un gafapasta.
1) O habitat natural do gafapasta son as urbes galegas. É a especie predominante na zona vella de Santiago. O tucho, en cambio, tende a concentrase en Santa Comba, Ordes, Ponteceso, A Ramallosa, etc.
2) O gafapasta gosta de garitos pequenos, oscuros, cheos de fume e dun estilo antigo perfectamente diseñado. O tucho prefire as romerías a cuberto (macrodiscoteca).
3) O gafapasta di que escoita jazz. O tucho xa non escoita nada, pero pon reggeton a toda hostia no coche.
4) O gafapasta segue as tendencias do tunnig galego: pegatas de Gz, Nunca Máis, etc. O tucho prefire aleróns, spoliers, neóns, etc (segue as tendencias do tunnig internacional).
5) O gafapasta empúxate nos garitos, mira para outro lado e parapétase no mogollón (non gosta da violencia). O tucho empúxate, mírate aos ollos e queda esperando (é un malote).
E ti, ¿de quen ves sendo?.
Felix Rodríguez del Grifo (de caña)
5 Comments:
e non se pode ser un híbrido?
síntome gafapasta anque peco dun pouco de malotismo...
Como decano do ANTROPONABO (colexio de antropólogos naturais de Boimorto) quero facervos saber que tamén andamos na procura de datos sobor destes espécimes, e agradecer ó inseminario a información facilitada.
Agora estamos atopando casos de segundas xeracións: fillos de “tucho macho” cruzado con “gafapasta femia” (pode ser perfectamente o caso de “X.”, rapaces que como é comprensible atópanse confusos).
As “gafapasta femia” ao tornar ó pobo, despois de rematar os seus estudos en Santiago, anoxadas de tanto “gafapasta”, vense abraiadas polo espírito festeiro dos “tuchos” e acaban emparellandose cos exemplares máis ousados.
Os casos de “tucho femia” emparellados con “gafapasta macho” son máis raros, agás algún caso illado, debido á forte personalidade das femias de “tucho” e a pouca iniciativa sexual dos machos de “gafapasta”.
Estes novos exemplares poderíanse denominar “tucholoides” ou “intelectuatuchos” e teñen comportamentos imprevisibles:
Temos atopado machos de “intelectuatucho” montando bulla na porta da disco, con música da “Aretha Franklin” ou incluso do “John Coltrane”, nun dous cavalos tuneado.
Tamén hai casos de “intelectotuchos”, estudantes de filosofia, sorprendidos no campus escoitando “reguetón” co cassette a toda hostia.
No caso das femias pasa o mesmo, atoparonse exemplares dandolle duramente ao “reguetón” nas “gogoteras” da disco de Boimorto coas lentes de pasta postas e os libros de psiquiatría a beira dos pés.
Un dos casos máis pintorescos é o dun exemplar de femia atopado nun antro literario de Santiago, ataviada cun minitop, cunha minifalda co tanga asomando, cunhas botas de plataforma, cos seus respectivos piercing no ombligo e maila lingua, e cunha serpe tatuada no pubis. O máis sorprendente do asunto é que no intre do achado o exemplar estaba liderando un encontro feminista.
En fin, que non sabemos si estos comportamentos son causa dos cruces ou son debidos ó cambio climático. Seguiremos investigando…
SuperaproL do pluralismo...
As ameixas confundidas vimos sendo dos tuchos, porque aínda e todo siguen parecéndonos máis auténticos. Unicamente temos unha pega: o tema de conversación.
Pra o que hai que dicir...
pois tamén, tes razón.
superaprol da confusión e do misterio
Enviar um comentário
<< Home