INSEMINARIO

a punk attitude

30.8.08

Formulario de problemática gallega (guía rápida)

Opción 1 (simple):
O problema de Galiza é _______
Opción 2 (complexa):
O problema do ________ en Galiza é ________

Instruccións:
Encher os ocos.
Exemplos: 1, 2, 3, 4, 5, .... inda que para comezar recomendamos os sempre exitoso: " o problema de Galiza é estructural".

3 Comments:

At 1:23 da tarde, Anonymous Anónimo said...

O "problema de Galiza" é o problema de Galiza.

 
At 11:47 da tarde, Anonymous Anónimo said...

O problema de Galiza � o vezo, �haiche moito vezo reprimido!
�penso eu!

 
At 2:09 da manhã, Anonymous Anónimo said...

Procurando solucións:

Como lider, fundador e macho dominante do movemento HOMONABO (Homes Modernos Naturais de Boimorto) quero facervos saber que, debido á coñecida tradición vanguardista e innovadora das xentes de Boimorto, estamos no labor de crear novas tendencias masculinas para adaptarmosnos canto antes a este novo mundo de supremacía feminina.
Tamén quero facervos saber que estamos SuperaproL da existencia da “violencia de xénero artística” para axudar a solventar eses erros (taras) da caprichosa natureza e axudarnos a crear un mundo feliz e “equitativo”, onde toda-las mulleres se poidan amosar fermosas e sexualmente irresistíbeis (e os homes ter saude e ollos para disfrutalo) -aínda que nós, nunca cremos na existencia do que se fai chamar “violencia de xenero”, máis ben cremos na “violencia de número”, e dicir: “violencia plural” ou “violencia singular”, pero como este non é un tema que competa a este movemento, vou pasar a resumirvos en tres pasos as novas tendencias para ser un home “moderno” e “feminino”:

1º Rasuración total da zona púbica e os ovos (os cuartos traseiros queda á bontade de cada un)

2º Tatuaxe dunha estrela azul celeste na parte superior do glande (“popularmente” chamado capullo). Recomendamos empregar calcomanías -queremos ser modernos non mártires, ademáis o leite de muller vai a prezos do petróleo.

3º Falar de problemas sentimentais e sexuais coas mulleres e cos amigos, nada de fantasmadas, ten que ser honestamente –inda que sexa difícil, case que imposible, hai que intentalo.

Froitos:

A rasuración ao primeiro resulta un pouco chocante, ás mañás ao bota-la man para rasca-los ovos, esa suavidade, esa tersura, sentes como un pouco de rexeitamento, pero acabas colléndolle o gosto. O seguinte impacto está no reflexo do espello, é un corpo novo para ti, algo descoñecido, pero axiña te vas facendo e sentes como as tuas hormonas cambian e a tua feminidade vai espertando. O peor é cando os cabelos empezan a brotar de novo, o picor chega a ser insufrible.

No caso da estrela azul, todo o contrario, canto máis a miras, máis orgulloso estas dela. É moi importante a ubicación, o glande é a parte do corpo que máis tempo pasamos mirando e con máis admiración, os intres de plenitude son os máis importantes: cando ves a estrela crecer, cando a ves brillar, sinalando o camiño do triunfo, do éxito. Aquí, aquí é cando a estrela fai o seu labor social, por unha banda, no seu maximo esplendor, lograrémo-la nosa función social máis importante: “a satisfación sexual das mulleres”, e doutra banda, verémosnos orgullosamente identificados coa nova insignia do patriotismo Galego, ¿que máis queremos?...

O tema de falar honestamente é o máis complicado, hai que tomalo con calma, non precipitarse, ao fin, é o menos importante.

Daquela, estes son os primeiros pasos para ser modernos e, co tempo, poderemos converter a “estrela azul” no símbolo da denominación de orixe galega do “Homo Erectus do Século XXI”, símbolo de desexo de toda-las mulleres do mundo, símbolo de modernidade, orgullo das mulleres galegas e modelo para o resto dos homes. E así, acada-lo sentido da nosa vida (satisfaccion sexual e asentimento da muller) con orgullo e dignidad…

 

Enviar um comentário

<< Home