Campaña "Prohibamos o galego, xa"
Se patriota, se innovador, súmate a nosa campaña. Asína en:
http://www.efirmas.com/37042/index.html
Promove: Inseminario.
Apoian: Movemento SuFaTo, Reticencia Galega e Partido da Xente Normal.
Se queres adherirte faino en: prohibamosogalego@gmail.com
Sen galego somos +
4 Comments:
As ameixas polo mestizaxe unímonos á campaña abolicionista da lingua galega co obxetivo de evitar comentarios como este que apareceu na Voz de Galicia de fai algún tempo. E mais: creemos necesario, non só a desaparición da lingua, sinon tamén dunha "especie" galega como esta:
"Yo soy gallega. Ello no implica que por esa razón entienda el gallego. No me gusta cuando voy a leer algo que esté escrito en gallego. Me parece una falta de respeto hacia mi persona. Creo que cuando alguien te habla, y quiere hacerlo en gallego, procede la consabida pregunta "¿entiendes el gallego?". Pues bien, con la escritura sucede lo mismo. ¿Por qué razón algunos periodistas escriben sus artículos en gallego? ¿Les ha autorizado el lector a hacerlo? Señores míos, cuando compro el periódico me revienta tener que quedarme sin leer todos los artículos escritos en gallego. Me gustaría, puesto que hago un desembolso de casi dos euros, poder leer todo lo que se publica. No puedo. ¿Es justo?". "No quisiera que el comentario que hice molestase a nadie".
Despois disto, as ameixas temos unha dúbida existencial: qué terá entón de seu @ galeg@??
Teño 15 anos, e o tema correme prisa. Queria saver si este tema se pode facer antes de setemvro. Non e por nada, e que me quedou o gallego e biñame moi ven se o amañamos en agosto.
Ia asinar xa, so que teño algunha duvida:
Podemos asinar os menores de idade?’(poido mandar un: “pasalo…”)
Poderiase facer algo parello coas matematicas e coa fisica?? biriame moi ven…
Imos tomar represalias cos mestres???...
Como lider activista do MOITONABO (Movemento das Ilusións de Tódolos Naturais de Boimorto) quero facervos saber que apoiamos sin condcións a natureza da iniciativa do Inseminario. Non asinámo-lo documento (seguindo as instruccións do noso brazo político CONABO) na procura de non inferir nos asuntos que están fóra da nosa xurisdicción (Boimorto), e maila cousa de manter o anonimato.
Andamos a difundi-la mensaxe entre os veciños e hai algunha hostilidade: “¡e logo!..., levo toda a vida falando galego, e vésme ti a cambiar!!... ¿que queres que fale?…, ¿INGLES?...
Malia todo, estamos levando a cabo a labor de “METE-LO MEDO NO CORPO”: Comezamos por pintar cun spray en tódolos sinais de poboación e localización o topónimo de “BUEYMUERTO”; pasamos a baixarlles as bragas en público ás mulleres que vocean en galego na praza de abastos; logo mexámoslles nas cartas ós homes que berran en galego a hora de bota-la partida; e agora andamos argallando de queimarlle a casa a un cura, que dá misa en galego, no próximo San Macrobio.
E si, si, axiña nos demos conta de que a cidadanía está connosco, estámosnos facendo moi “POPULARES”.
Tamén, como voceiro e fundador da ATOPONABO (Asociación pola Tolerancia cos Polígamos Naturais de Boimorto) quero facervos saber que esa pobre muller que gastou dous euros, ¡DOUS EUROS!, no seu queridiño periódico, ten dereito a entendelo todo (cando mnos o contido gramático).
“¡É XUSTO!”, xa o di ela…
Daquela, esta muller precisa miña axuda, e eu estou disposto a ofrecerlla.
Estas palabras van dirixidas a ti, muller incomprendida:
"Ti o que tes é un problema que non ten que ver coa lingua, ti tes un problema que se coñece como trastorno da sexualidade, e necesitas o que se chama unha “reorientación sexual”. Na nosa asociación estamos para axudarte, é probable que despois da axuda sigas sin entende-lo periódico, pero verás como che vai dar igual…
Podes contactar con nós no seguinte enderezo: atoponabo@gmail.com
P.D. se tes máis amigas co mesmo problema, non dubides en darlles o noso enderezo.
Tenéis razón y estoy tentado de cambiar el nombre de mi webblog y titularla: Leo y los suyos, que suena más viril y moderno.
Enviar um comentário
<< Home