INSEMINARIO

a punk attitude

14.6.08

Teléfono de asistencia

Breaking News:
Inseminario habilitará un teléfono de resolución de dúbidas sobre o conceito de patriarcado para todos aqueles homes que queiran chamar ao teléfono dos homes perdidos pola ruptura do sistema patriarcal.

3 Comments:

At 5:52 da tarde, Anonymous Anónimo said...

As ameixas escépticas pola igualdade queremos mostrar o noso apoio ao Inseminario na súa preocupación polos homes perdidos, non sin mostrar o noso escepticismos nalgunhas cuestións:
1.- Por moitas voltas que lle damos non acerartamos a imaxinar as repostas tipo de tal telefón: insultos? piropos? clases maxistrais vía telefónica, respostas tipo: "se che entran ganas de matar a túa muller, cómete unha cenoura, ou imaxínate unha cucaracha"..
2.- Gustaríanos convidar a ministra de igualdade ás próximas xornadas sobre a construcción social da identidade de xénero.
3.- Queremos dar a coñecer( sen quitar o protagonismo á iniciativa do Inseminario*) a pax. web dos homes pola igualdade (Jerez): www.hombresigualdad.com.
* aínda que o asunto non é propiamente das ameixas, entenderedes que nos atinxe moi directamente, de feito, acabamos de acertar, por fin! o significado de IGUAL: como os homes perdidos!!

 
At 9:45 da manhã, Anonymous Anónimo said...

apadrina un perdidiño,

tan traballodiriño como era e destrajouno, condenada, mal raio te parta, jarta!!

(título da canción?)

 
At 12:07 da tarde, Anonymous Anónimo said...

RIIING!

-Teléfono de axuda ao home, diga?

-Ola, chamo para pedir unha axuda para a suba do gasoil.

-Perdón?

-Pois é que o meu traballo está a 60 km da miña casa e a este ritmo non me vai compensar o pouco que me pagan, así que...

-Perdoe que o interrumpa, pero dende este teléfono non podemos atender a ese tipo de...

-Pero non é o teléfono de AXUDA AO HOME?

-Sí, pero refírese ao home con problemas derivados da RUPTURA DO SISTEMA PATRIARCAL!

-O QUÉ???

-Para homes que teñan problemas para adaptarse aos recentes cambios sociais...

-Coma min, porque anda que non está a provocar cambios sociais o tema da suba dos combustibles, non hai máis que ver a televisión, cos transportistas montándoa tódolos días, e...

-Pero non se trata deses cambios...

-ENTÓN PARA QUE CARALLO VALE ISTO??? !!!

-Para os maridos maltra... digo... Para...

-DÍGOLLE QUE PARA QUE CARALLO...!!!

-SÍNTOO PERO NESTE SERVIZO NON TEMOS COMPETENCIA PARA ABORDAR A PROBLEMÁTICA QUE VOSTEDE...

-NON ME VEÑAS CON GAITAS, P...!!! VOUCHE DAR UNHA H...

(Non se sabe o que contestou a telefonista)

 

Enviar um comentário

<< Home