Qué é a política?
Se unha protesta agraria non é política, qué é a política? para qué serve? onde se exerce? cómo se exerce? quen a exercen? serve para algo? para qué lle pagamos aos políticos? político pode ser calquera ou hai que estudar? sacar pelotiñas do embigo é política? consiste a política en ter coche oficial?...
SuperAFavor dos tripis e de Touriño, ese gran estadista.
SuperAFavor dos tripis e de Touriño, ese gran estadista.
Res Pública, Miss Parlamento, 2008
4 Comments:
A asambleia do MOIA que suliñar e apoiar a urxencia desta pregunta nos tempos que corren.
Inclinámonos por pensar que non é nin máis nin menos que unha profesión, eso si unha profesión que require dunha serie de cualidades, aptitudes, ou inaptitudes, capacidades, ou incapacidades..., :
1º.-OBXETIVIDADE: Compre non saber nada, non ter oficio nin profesión, que para eso xa están @s técnic@s, que por outra banda non deciden nada. Trátase logo de decidir sobre temas que non coñecen, nin comparten, nin teñen sensibilidade, nin nada de nada. Ser obxetiv@ sería pois a primeira cualidade: obxetividade e inaptitude.Por exemplo a nosa nova e flamante Ministra de Igualdade: Cero experiencia, 0 formación e 0 participación no movimento feminista, cál creedes que é o mérito para ser Ministra de Igualdade??: Pensamos que debe ser o feito de ser unha muller IGUAL, e sobre todo, ser unha muller xoven e guapa.
....continuará.....
...
ai non,que me dá moita pena, non sexades duros con eles, que hai moito político desgraciadiño, que caeron aí e agora xa non saben como han de sair desas.
Pensamos tamén que as persoas que se adican a política teñen unha vocación fustrada: a de ser modelos de pasarela, porque observamos que verdaderamente o que mais, o que mais, o que mais lles preoucupa sempre e saír na foto. Cómo sexa, con quen sexa, e para decir nada, pero por favor, a Foto!!
Así que o MOIA, na súa defensa da Igualdade, fai unha proposta: que a partir de agora as modelos de pasarela leven a responsabilidade política do mundo. Estaría moi ben, si,si, qué tal Noami Campbell na Casablanca....porque porfavor, non quedaría millor na foto a Campbell que Bush!!
Votemos pola beleza das mulleres no mundo!! Vota Campbell!!
Enviar um comentário
<< Home