INSEMINARIO

a punk attitude

26.3.08

O Tunning Galego, Existía!!

Hai xa dous anos, cómo pasa o tempo!, que nos preguntabamos se realmente existía o auténtico Tunning galego. Pois ben, a Guardia Civil da Región Española ven de confirmarnos que realmente Existe!!.
Por elo estamos SuperAFavor da Guardia Civil. Colateralmente veñen de descubrirmos o Movemento de Liberación Nacional Galego. Descoñeciamos a súa existencia pero acreditamos que existe, máis que nada porque é unha franquicia do Movemento de Liberación Vasco denunciado públicamente con éxito por Aznar cando non-negociaba con terroristas. Podemos tirar así varias conclusións:
  1. Existe o auténtico Tunning Galego
  2. Parte do goberno galego practica o tunning galego: A UPG leva pegatas GZ.
  3. O auténtico terrorismo galego é unha franquicia do Vasco.
  4. A Guardia Civil está conformada por Regionalistas brillantes.
  5. Existe unha conexión entre o terrorismo e o Tunning. Realmente sempre sostivemos esta hipótese.
  6. Hai polo tanto unha conexión entre o Goberno da Región Gallega e o Terrorismo.
  7. Existe unha constelación de perigosas organizacións Tuneadoras/Terroristas na Región Gallega.
P.S. Mesmo onte comentabámos que o obxecto de traballo principal dos programadores culturais galegos debería ser o Tunning exclusivamente para defendermos a cultura da Región. Tiñamos razón. Proximamente en Hierrol: "1as Xornadas Interregionais sobre Tunning Galego. Situación e perspectivas de futuro". Organizaranse varias mesas de traballo. A conferencia inaugural será impartida por un membro da picolética institución armada.

Eu son a Xoani

3 Comments:

At 10:56 da manhã, Anonymous Anónimo said...

Seica o congreso xa ten programa:

galiza tunnig: o regionalismo como unha logomarca.

o autoodio é ilusionante: GZ dende el niño de la guía a El Puerrito; repasando toponimia.

"como xestar unha orixe idio-sincrática sen preguntarlle ós señores do pp?" e outras preguntas sen resposta.

Campaña anaro-tunning: "Faina ti mesma" sen esmendrellarte nen espìchala. Flyers e pegatas de "la hostia".

 
At 2:24 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Moi interesante! O Moia apúntase con curiosidade e entusiasmo ao Congreso sobre o Tunnig Galego. As ameixas pola igualdade temos fórmula para o da orixe idiosincrática sen mexilóns; as ameixas defendemos a ameixa fina, a ameixa boa,a ameixa de caste, a ameixa lexítima, a ameixa sá, a ameixa femia, a ameixa galega: a ameixa de Carril!

 
At 8:28 da manhã, Blogger Compuesto Químico said...

Tuning galego ahí ho!

 

Enviar um comentário

<< Home