INSEMINARIO

a punk attitude

27.5.08

Integración

Antes disto sería, se cadra, interesante:
1. Preguntar se eles teñen interese en integrarse
2. Explicarlles onde se teñen que integrar. É dicir, cobrar un pastizal por dicir pailanadas e xogar a ser xente así como seria, tipo parlamento, pois si, integrarse en ser telepizzero, pois se cadra non.
3. Considerar se un neo-integrado falaría galego? castelán? bilinguismo armónico? diglosia armónica? Galiza Caló? tan xitano como o polbo á feira?
E tamén deberíamos preguntarnos por qué non nos integramos nos? tipo familia Flores, of course, nada de poboados no Bao, claro.

En calquera caso, se a integración consiste en ser Aymerich, claramente estamos SuperaFavor da Integración e da Desintegración (molecular), todos somos Aymerich.
E por suposto, estamos SuperAFavor (pero SuperSuperAFavor, eh!) de que Aymerich se integre il mesmo un pouco, necesítao, así as súas reaccións etnicistas e esencialistas veríanse un pouco matizadas. Tirando de hemeroteca: Aymerich escandalízase de que o himno galego fose tocado con guitarra (eso es de gitanos!!). Tamén estamos SuperAProl da memoria, inda que non sexa histórica.

Camaraô da Ilha