INSEMINARIO

a punk attitude

5.6.08

Fin do idioma Gallego en 10 puntos

  1. Inseminario é un producto intanxible experienciable que se expresa a través de sensacións, emocións, ideogramas vehiculados, maioritariamente, na lingua da Región Gallega, esto é, en Gallego. O contrario tamén é certo.
  2. Os/as/es vividores/as/os de Inseminario son usuarios dista lingua.
  3. Cando estamos SuperAProl ou SuperAFavor (semella o mesmo, pero non o é) da fauna que habita o Bloco, por exemplo Aimerix, Doña Francisquita, 5ªNa, etc., non recibimos feed-back ningún polo que deducimos que non causamos gracia, inquietude, pasión, nin nada.
  4. Calquera post en blog, nova, columna de opinión, etc que fale sobre a lingua suscita o interese máximo e cotas de participación inimaxinables. Se ademais, introdúcese o sub-tema reintegrata, entón xa a mobilización cidadá acada o paroxismo.
  5. Atendendo aos puntos 2 e 3, está claro que os usuarios/as da lingua da Región Gallega son afíns ao mencionado bloco-secta.
  6. A lingua Gallega está polo tanto en boca do mentado perfil.
  7. Unha lingua non pode sobrevir a base de 200.000 votos, moitos deles prestados.
  8. Concluimos que a lingua Gallega será minoritaria total e absolutamente en breve.
  9. A lingua galega converterase no totem principal dunha pequena e marxinal secta cuxos principais rasgos son o aburrimento, a extemporaneidade, a obsolescencia, o fasciofundio, a depilación deficiente, o culto ás infraestructuras da primeira metade do século XX, o liberalismo económico, etc.
  10. Corolario: a lingua Gallega desaparecerá e só Inseminario estará SuperAProl dila.

Notas:
Inseminario está SuperAFavor das Minorías como expresión singular da diversidade e das Maiorías como expresión singular do mesmo.
Inseminario está SuperAFavor das linguas mortas inda que para determinados traballos de precisión preferímolas vivas e coleando.
Se cadra, todo xa pasou.

2 Comments:

At 10:27 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Provocadorrrrrrrrrrr!

 
At 1:40 da tarde, Anonymous Anónimo said...

¿Admite unha lingua a relación do tutor co seu pupilo, cando o pupilo resulta ser él mesmo, e o tutor algún señor con nome e apelidos??
Que prosiga a autoinvención, o que vai inventándose existe sempre despois....
As ameixas pensamos facer o que nos venga en gana....mentras logremos expresarnos e ser entendidas.

 

Enviar um comentário

<< Home