INSEMINARIO

a punk attitude

8.7.08

Polígono Industrial de Galicia

Nin nación
Nin región
Nin autonomía
Nin país
Nin estado
Nin república
Nin nada de nada....

Dimos coa resposta, atopamos a verdade e o camiño: Polígono Industrial de Galicia.

Frenando Branco

7 Comments:

At 12:42 da manhã, Anonymous Anónimo said...

moi grande inseminario.

SI ao políghano,
SUPERAPROL!! pero sempre que sexa políghano minfundista: un nesta leira, estóutro naquela, ...

comité a prol das minifarolas e o alumeado disperso (CPMAD).
Vivan os Barreiros!
viva Chocolates Carmiña!!

 
At 1:07 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Pois si…, é un políjono alabeado,

E si percorremola apotema que vai de Monterroso a Ribeira, podémonos fasser unha idea do que hai de nassión ou de autodeterminassión neste políjono.

Daquela!..., se utilissámola fórmula (n – 2)π (donde “n” é o número de enerjúmenos que han de chupar do teto este ano nos consorcios institucionais), saberémola graduassión da produssión de ajuardente para o próximo ano.
Abofé que vai ser alta… (penso eu, ¡eh!... penso eu…)

 
At 9:32 da manhã, Anonymous Anónimo said...

Como voceiro e fundador da ATOPONABO (Asociación pola Tolerancia cos Polígamos Naturais de Boimorto) quro facervos saber que estamos SUPERAPROL dos polígamos (e se son industriais, mellor): ¡¡BOIMORTO POLÍGAMO!!...
A mellora da especie e transmitir o ácido desoxirribonucleico da nosa taxinomía as novas xeracións e o noso propósito.
Tamén queremos aproveitar este momento de sensibilidade social para divulgar a seguinte mensaxe:
¡¡Frente a poliandria: “TOLERANCIA CERO”!! Xa nos chega coas abellas….

 
At 11:25 da manhã, Anonymous Anónimo said...

Como voceira e fundadora de MAM (Movimento das Ameixas polo mestizaxe), quero decirvos que a nos, que estamos superaprol do mestizaxe, convennos moito que axa polígamos. Creemos sinceramente que a poligamia/poliandría e o mestizaxe favorece a millora da especie..Nesa misión, pregúntamonos cál será a repercusión na especie de ese componente que áinda que non 100% resistente podería acercarnos a estruturas atómicas moi potentes: referímonos por suposto, os ACEROS INOXIDABLES.Ultimamente moitos tratan de facerse. Máis coma no conto das abellas, pensamos que a auga marina sempre será un compoñente natural máis potente.
Tamén estamos superalprol dos políglotas, e estamos a estudar o uso das distintas lenguas nos distintos actos da vida cotidina, a lingua como vínculo, concretamente, interésanos cál é a lingua que máis se usa nas relacións máis íntimas, nas relacións sexuais.
Pregúntamonos cál é a lingua que os integrantes de ATOPONABO e o seu portavoz don xusto, usan para os seus momentos máis íntimos....cambian de lingua nas diferentes relacións, ou manteñen o vínculo nunha sóa lingua?...en cál?
Tamén quero solidarizarme, como ameixa coa PRONAABO. Lamento o destino do boy, tampouco o esquezerei.

 
At 12:29 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Clink!...,...Clink!!... Este e o son dos meus ovos o caer o chan logo de ler o comentario das ameixas… Soberbio, que perspicacia, endexamais chegaremos avaliar abondo a calidade das ameixas polo mestizaxe.
Inda que..., ata un neno de cinco anos sería capaz de entender isto!!... rápido, buscádeme un neno de cinco anos!!…

Como único membro, voceiro e fundador da ONG INNABO (Incomprendidos Namorados como Bobos) quero facervos saber, ás MAM, que os políglotas: de “ACERO INOXIDABLE” ¡nada!..., mais ben de “HOJALATA BIODEGRADABLE”.
Respecto o tema de: ¿cál é a língua que mais usamos nas relacións mais íntimas?, sinceramente, ultimamente ningunha; pero sempre, sempre, a mais usada, foi e será o órgano muscular situado tralos dentes, na boca. Inda que o grego, o francés, o turco e outras línguas deste mundo plural, tamén teñen cabida. É a vantaxe de ser políglota...
Tamén quero deixar claro que lamento moito parecer parvo, e actuar como un parvo, mais non vos levedes a engano, realmente son parvo.
Grazas polas condolencias…

 
At 1:11 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Don xusto, non sexas inxusto co MAM e coa súa voceira.
Temos realmente curiosidade por saber si os galegos e galegas usan o galego na intimidade, cando estamos en contacto co máis profundo da especie....pensamos que pode ser interesante o dato, polo do simbolismo de vínculo e o idioma, para a supervivencia do idioma. Parécenos interesante e queremos facer ese estudo.
O dos aceros era outro tema: o dos políjonos, que cada vez son máis fríos e pensamos que eso pode afectar a saúde d@s traballador@s. Non o relacionamos co ATOPONABO nin o seu portavoz, porque non temos datos, en ningún momento. Pero supoño que ti tamén terás vivido a frialdade dos políjonos.
Non, non te enganes, a realidade máis real é que a parva son eu.
Disculpa as molestias, pero a verdade: non era nada persoal.Xa se ve que non eres de aceiro.

 
At 1:20 da tarde, Anonymous Anónimo said...

superafavorciño vivan os poligamos industriais...

 

Enviar um comentário

<< Home