INSEMINARIO

a punk attitude

2.7.08

Pensamento inseminario

O pensamento inseminario cala na nosa sociedade e cada vez son máis e máis os herois inseminarios. Roberto Verino e Oscar Pereiro veñen de sumarse a unha campaña para restrinxir o emprego do galego. Non está mal, pero pódese mellorar (InFaTo: Indolentemente a favor). Inseminario, no seu papel de vangarda social, ven reclamando a prohibición total do uso do galego. Esiximos que o galego sexa prohibido, perseguido, queimados os libros, discriminados e ridiculizados os falantes e fustigados na praza pública quenes acolleren, consentiren ou deran cobixo a calquera galegofalante. Recibirán pena de cárcere quenes agochen documentos ou calquera tipo de soporte analóxico ou dixital en galego.
Anunciamos o lanzamento dunha campaña inseminaria de prohibición total do Galego.
Roberto, Oscar, contamos con vos!!.
En breve, haberá máis novidades.

Martin Kodak

5 Comments:

At 5:44 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Temos noticias no MPMXRG -movemento a prol da mellora xenética da raza galega- de que en Mouriscade andan xa na procura do seme destes dous, ¿como diría? ¿especímenes?

 
At 3:23 da manhã, Anonymous Anónimo said...

Non cabe dúbida!... Ben sabe Dios canta rassón ten o inseminario reclamando a prohibissión do uso do jalejo (penso eu… ¡eh!... penso eu…).
E esta xentiña, os amijos do Pedro J.; esta xentiña fan o qe poden, teñen moito merito.
Ese homiño, o Verino, todo o día veña a traballar, cos seus vestidiños, coas suas camisiñas -ó home non lle qeda tempo ninjún-, e mira como atopou o intre para axudar aos seus irmans “os jalejos”. Bo home, si, bo home… (penso eu… ¡eh!... penso eu…)
E o Pereiro, ¡ay esa cabessiña!... tantas horas ó sol, tantas horas dandolle a bissicleta, e claro, qentaselle a cabessa e ¡aí o tes! arranxando o mundo… qe jran rapass este Oscar…

Ay, ay, ay!... meu home!... e os nenos?... como lle explicamos isto aos nenos??
Porqe ajora, aos nenos, jústalle falar jalejo… (penso eu… ¡eh!)

 
At 1:47 da tarde, Anonymous Anónimo said...

As ameixas polo mestizaxe estamos totalmente dacordo e superaprol da nova diretiva europea de retorno-retención dos inmigrantes.
Para reafirmalo, pensamos que a democracia é unha mentira, unha estafa total, un engano, nada máis que unha idea neurótica que chega a lexitimar as actuacións máis fascistas e menos humáns.

Por elo, distinguimos tres tipos de "blá, blá, blá" como núcleo da democracia dos nosos días:
CACA DE PITA, que veñen a ser os comentarios superficiais, os clisés ( qué gusto de velo,"Europa quere consolidar o compromiso cos países máis empobrecidos...".); CACA DE TORO, esto e, "por qué", racionalizacións, excusas, etc "deste xeito garantizaremos o benestar e a legalidade dos inmigrantes que vivan no noso país"....; e CACA DE ELEFANTE, cando "filosofamos", falamos da vida", explicamos o por qué da sociedade e o mundo, etc. "as relacións de cooperación de Europa cos países máis empobrecidos..."
resumiendo: BLA,BLA,BLA (principios básicos da democracia)

 
At 5:00 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Como presidente do instituto NONABO (Normativización Nacionalista en Boimorto) quero facervos saber que apoiamos firmenmente a iniciativa do inseminario de perseguir e castigar ós galego-falantes. Tamén aconsellamos engadir a medida de queimar públicamente ás mulleres que blasfemen ou inxurien en galego, por exmplo un “cago na cona que te botou”, un “cago en diola”, un “vai rañala perrecha” ou calquera outro xuramento na língua galega será suficiente para seren castigadas.

 
At 5:27 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Tamén quería aproveitar, como presidente da PRONAABO (Protectora Nacionalista dos Animais de Boimorto), estas datas tan sinaladas (san fermín) –viuseme a cabeza ó ler o comentario das ameixas polo mestizaxe sobor da CACA DE TORO (superaprol das ameixas...)-, para facervos saber (debido a sensibilidade do momento co tema do maltrato animal; unha actitude moi loable, sen dúbida) que o boi morreu de morte natural, ¡vamos! Que morreu de vello
Poderíase dicir que tivo unha morte doce, morreu na sua corte, feliz e rodeado dos seus seres queridos.
Con isto, queremos dementir tódalas faladurías que se espallaron por aí: que si corriamos tras do boi, que si lume nos cornos, que si ó lombo do animal todo o día, que si os nenos veña a turrarlle das orellas e do rabo, que si veña a cargalo carro abondo para aforrar viaxes, que si lle cortamos os ovos… ¡mmm!... bueno, isto último si (claro é evidente), pero cónstame que foi polo seu ben, o probe non había dios quen o saciara.
Dito isto, quero agradecer dende aquí os pésames e a boa vontade ofrecida por tódolos asistentes ó sepelio.
“Lucerito” endexamais te esqueceremos…

 

Enviar um comentário

<< Home