INSEMINARIO

a punk attitude

31.10.08

Quin, de vocación, intelectual

Tras esta sentencia "el nacionalismo sólo tiene sentido si crea bienestar" chegamos á conclusión de que é un intelectual como a copa dun carballo.
Abre un campo de horizontes ilimitados no que tímidamente aportamos que "a confusión só ten senso se crea benestar", "o cocido so ten senso se crea benestar", "o capitalismo so ten senso se crea benestar", "o comunismo so ten senso se crea benestar", etc. GraZas a esa luz que nos ilumina chegamos á conclusión de que o que non crea benestar é masoquismo e/ou sadismo ou cristiano.
E para concluír, unha pregunta: se estamos SuperAFavor do benestar quere dicir que estamos SuperAFavor do nacionalismo? do cocido?
Pepiño Camús

7 Comments:

At 1:03 da tarde, Anonymous Anónimo said...

xa sei! significa que o nacionalismo xa
non é de esquerdas nin de dereitas!!! da igual: o importante é o benestar!!!! si, pero...o benestar DE QUÉN??
ja,ja,ja,
e... se estamos superaprol da confusión, quere dicir que estamos superaprol do nacionalismo?

 
At 1:07 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Qué fariamos se non fose polo Kin!
o benestar de quén? dil o primeiro claro, logo do resto do bloco e logo xa veremos.

 
At 9:11 da manhã, Anonymous Anónimo said...

Inseminario crea benestar? si? é Inseminario nacionalista?

 
At 12:43 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Si o benestar é un "estado de gran satisfacción e gozo", pois claro home!, gústanos a nos o gozo?
estamos ou non satisfeit@s @s galeg@s?
pois logo home! somos!!
Para kin e os seus coleguitas o máis importante do asunto non pensedes que é o gozo ou a satisfacción, non, é o estado, cuestión esta moi moi importante: en qué forma se manifiesta a materia? atopámonos 4,non 3, estados: sólido, líquido,gaseoso e plasmático...pois non é o mesmo un gas que un líquido...ou un sólido...
por outra banda, existen 2 tipos de forzas: de atracción e de repulsión...
O nacionalismo parece estar do lado das forzas de repulsión, o inseminario máis ben utiliza as forzas de atracción, mais non tanto de cohesión e ordenamento, máis ben as do movimento....

quén dixo intelectual....?ja,ja,ja

 
At 1:21 da manhã, Anonymous Anónimo said...

Como mestre, iluminado e paradigma da organización FSF (Filósof@s Sen Fronteiras) quero facervos saber que tanto a sensación de benestar coma o nacionalismo coma ser intelectual son realidades abstractas, non son realidades obxetivas.
Deste xeito, Quintana pode ser nacionalista, ser intelectual e crerse que crea benestar social, malia que a alguén non lle guste.
Arrecende a paixón do "Quin" polo autogoberno para xerar benestar social, ¡pero!… esnaquizouse co tema do AVE, porque iso fede....
¿Ten algún sentido, para o autogoberno, para o nacionalismo, que o nexo viario de alta velocidade coa meseta sexa unha inversión prioritaria para Galiza?...
Darlle prioridade ó AVE, ¿é crear benestar (para a maioría)?, ¿ou é centralizar?, ¿ou é estatalizar?... ¿non hai outras prioridades onde invertir?...
Agardo que con esta aclaracion quede todo o suficientemente confuso…
SuperaproL do autobenestar..

 
At 10:24 da manhã, Anonymous Anónimo said...

Non hai fundamento!

 
At 11:55 da tarde, Anonymous Anónimo said...

¡Hai fundamentos infundados!...
Ou todo o contrario...

 

Enviar um comentário

<< Home