INSEMINARIO

a punk attitude

5.2.10

SuperAProl de AD

Unha forte aperta a Adolfo Domínguez, un dos nosos gurús intelectuais de sempre, un dos nosos guías espirituais máis sólidos, un dos nosos pilares culturais e gran escritor. Temos que confesar que foi Inseminario o que lle deu a AD a idea da arruga é bella: fartos de pranchar arrugas e tal, pensamos, por qué non ir SuperAFavor da arruga en vez de loitar contra ela? ademáis todo son vantaxes: non gastas en plancha, non perdes tempo, etc Así que llo comentamos nunha das nosas lexendarias xorgas, adoptou a idea e velaí. AD adaptou a filosofía Inseminaria para conducirse en todos os aspectos da súa vida, unha auténtica atitude punk: farto de loitar contra o capitalismo e o libre mercado decidiu ir SuperAFavor para destruílo e velaí o resultado.
Unha forte aperta Adolfo.
Antón Piernas