Capital Político
Galiza, epicentro histórico do caciquismo, ten unha enorme canteira de xestores públicos capaces de crear boas redes de influencia, de poder, de captación de comisións ilegais, etc. É dicer, é un auténtico viveiro de novos valores, unha terra cun know-how acumulado que para si quixeran as regiones máis desenvolvidas.
Debemos reclamar do novo goberno que atenda ás necesidades dese sector improdutivo, apoiando o seu desenvolvimento con medidas positivas de reforzo, tipo: liñas de formación regrada, exencións fiscais, encontros de cooperación sectorial, etc. Do contrario, vaise consolidar a tendencia que xa se comeza a albiscar: a fuga de cerebros cara institucións e empresas foráneas, e por tanto a perda dos nosos recursos humanos en favor doutros territorios parásitos. Ou sexa, a descapitalización do país.
Ronces Valles Inclanes
1 Comments:
Xa se sabe esto vai mais lento co cabalo do malo. A xente que ten cabeza e conciencia marcha a outros países; xa que aquí como protestes te tachan da lista, O peor que a profesionalidade pasa a un segundo posto tras a filiación política. Viva a liberdade o desarrolo e a igualadade
Enviar um comentário
<< Home