a creación dun paraíso linguístico
o Ministerio de Sanidade, Plagas e Males Bíblicos (MSPMB) de Inseminario quere amosarse radicalmente SuperaFavor dos linguistas e filólogos galaicos. tanto é así que a Dirección Xeral de Plagas propón a creación do paraíso liguístico consistente nunha illa, poñamos no mar de Barents, onde só haberá linguístas, filólogos e nada máis. nel poderán amosar as suas habilidades e bon saber facer de xeito pragmático e consistente, creando un auténtico ceo na terra de pureza e esencias. recomendamos limpar previamente a illa de paos, pedras e calquera utensilio susceptible de ser empregado entre mínimos e máximos, reintegratas e non reintegratas, etc. mordiscos, arañazos e demáis serán vixiados, permitíndose únicamente a agresión verbal en perfecto galego-portugués. todo será filmado e emitido en prime-time na TRG (tv regional gallega).
MSPBM
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home