INSEMINARIO

a punk attitude

26.7.06

FolliGal /Fiestiguai: guía pequecha parcial.

FolliGal: co gallo do día da Región Gallega el Beenegé organiza unha festa coñecida como Folligal ou Fiestiguai. Fundamentalmente trátase dun acto onde por unhas horas non silban as navallas polo aire, senón que van un pouco máis baixas. Ofrecemos unha pequecha guía para guiarnos ben pola historia esta:
  • pódese beber que hoxe non censuran
  • se eres gai-les, no folligal, non estás mal visto, logo xa veremos.
  • está ben tirarse polo chan
  • falar con todo o mundo e facer como se foras moi colega, inda que a navalla silbe baixa.
  • hai que levar algún autocolante, pegata, vamos, cantas máis mellor se eres novo, senón cunha abonda.
  • hai que comer churrasco, beber viño e comer polvo e polbo.
  • non mirar mal a algún cavernícola que baixa da montaña con barbas tipo mini. non rirse do seu peugeot 505 do ano 82. non rirse dos pantalóns vermellos que leva do ano 79.
  • marca as distancias: ponte guapo/a con un toque pijo inda que elegante e discreto, así todo o mundo pensará que eres da élite.
  • os nenos. os nenos son un problema. escoitadeos a ver en qué lingoa falan e daravos unha idea do nível de esquizofrenia dos seus proxenitores.
  • ínflate a licor café.
  • varía o acento: se falas coa guais e con algo de cargo, ou coa élite (pinta de) borra ese acento de pailaroco e pon acento de lugo-cidade, esquece o e e o o pechados. se falas con tipos da terra, cavernícolas, machos da upg e tal: pon acento así de máis da aldea, gañarás enteiros.
  • refírete á Región Gallega como país (ver facendo país I e II).
  • algunha consigna: os medios de comunicación continúan a maltratarnos, está de moda criticar ao beenegé, a capacidade de maniobra é moi limitada, etc e en xeral, calquera lugar común que se poida ocurrir.
  • se aspiras a algún cargo, non te quedes aos concertos: en realidade fannos para ver quén se divirte e así eliminalo dalgunha posibel responsabilidade.
  • non fagas brincadeiras do tipo: " en realidade viñen aquí porque o PSOE encargoume un informe". non as pillan e mentas o diaño, mal roliño.
  • o café, con gotas.
  • etc.
admítense suxestións e suxerencias.
CRI (Centro Regional de Inteligencia).

4 Comments:

At 6:57 da tarde, Blogger inseminario said...

camisetas con mensaxe: SuperaFavor

 
At 1:45 da tarde, Blogger mariademallou said...

consello: non ir. render o día festivo para ir á praia, comer coa familia, visitar a amigos na patagonia...calquera excusa é boa ;)

 
At 9:14 da tarde, Anonymous Anónimo said...

ir ao zoolóxico ten tamén é divertido.

 
At 12:04 da manhã, Anonymous Anónimo said...

Who knows where to download XRumer 5.0 Palladium?
Help, please. All recommend this program to effectively advertise on the Internet, this is the best program!

 

Enviar um comentário

<< Home