INSEMINARIO

a punk attitude

15.8.06

Quen di que os galegos non son innovadores?

Tópicos sobre o minifundismo, o individualismo e a resistencia ao cambio verquense en todo comentario, columna, artigo ou estudo que se precie á hora de tentar explicar calquera realidade galega. Nada máis lonxe da realidade: o galego é innovador. Para mostra un botón: os narcos galegos.
: Innovar sobre a tradición: o contrabando de sal para as fábricas de salazón crea as primeiras redes de contrabando. Estas transformáse logo en redes de contrabando de tabaco que, posteriormente, mudarían en redes de narcotráfico (Capacidade de adaptación ás condicións do mercado e do entorno).
: Aproveitamento dos recursos naturais: aproveitanse as condicións naturais das rías galegas que facilitan a introdución de mercancías ilegais dada a dificultade para a vixiancia. (Toda industria xurde aproveitando as condicións do entorno).
: Innovacións de proceso: Introdúcense coñecemento incorporado a novas embarcacións, como son as grandes lanchas planeadoras de fibra de vidro, o que induce á incorporación de novos procesos de produción nos asteleiros locais, xerando unha dinámica de diseminación tecnolóxica.
: E un sistema aberto ao mundo: sempre ávidos de novas melloras, procuran ás fontes de innovación alen das fronteiras e pasan das lanchas planeadoras ás embarcacións semirríxidas adquiridas en astaleiros británicos, punteiros neste tipo de embarcacións.
: Capacidade de superación: como último paso até a actualidade introducen o único submarino coñecido na Galiza dende os tempos de Sanjurjo Badía.

O Observatorio Mundial de Galiza Super a Favor de Todo (Movemento SUFATO), quere manifestarse Super a Favor da innovación na Galiza e rexeita os burdos tópicos verquidos co ánimo de desmoralizarnos. Agora solo falta aplicar a innovación a actividades legais e, a ser posible, pacíficas e xa somos unha potenzia.

Movemento SUFATO