INSEMINARIO

a punk attitude

22.8.06

a Trama incendiaria vaise aclarando

detido un home de 79 anos no concello de Agolada por provocar, cómo mínimo 39 incendios, que se saiba. a trama vaise aclarando.
feitas as oportunas comprobacións sábese que este ancián de 79 anos tiña en realidade 37. naceu en 1969 e dende pequeno destacou polo seu dominio das artes marciales e as técnicas de supervivencia nas condicións máis extremas (Agolada é o que ten), igualmente foi de destacar dende a tenra infancia o seu dominio dos idiomas, xa dende o primeiro ano de vida era perfectamente bilingue. pérdeselle a pista durante uns anos inda que se sabe que ingresa no servicio secreto británico MI5 onde é entrenado no uso de armas e explosivos, técnicas de camuflaxe, infiltración, guerrilla táctica, loita corpo a corpo, resistencia á tortura, etc etc. dende alí infiltrase nos países do leste para desmantelar o sistema comunista xa nos anos oitenta.
reaparece como instructor xefe de intelixencia e manexo de sofisticadas armas no Mosad Israelí. posteriormente é fichado por unha axencia norteamericana semilegal e controlada directamente polo Secretario de Estado, dende onde se infiltra nos servicios segredos irakís e provoca a primeira guerra do Golfo ao convencer a Sadam Husseim de invadir Kuwait e así darlle a oportunidade aos USA de tomar posicións estratéxicas en Oriente Próximo.
vincúlase igualmente co desmantelamento de organizacións de narcotráfico en Colombia. o seu pasado sempre tivo puntos escuros: sábese que estivo a soldo de Gadaffi e que se infiltrou na guerrilla chechena para, pouco a pouco, cargarse aos seus líderes: moi celebrado foi cando lle logrou colocar un chip de localización GPS na punta da pirola a un lider checheno ao que se lle disparou un misil dende un satélite espía kazajo. esto foi posible porque este axente é un experto en disfraces e fíxose pasar por Uma Thurman polo que seduxo ao lider checheno, atribúeselle un coñecemento superior en camuflaxe ao mesmo Mortadelo da TIA española. tamén é moi celebrada a sua gran destreza: fuxío de Rwanda montando un hidroavión con dous clips azuis, unha batidora e dous condóns.
o seu coqueteo co mal sempre estivo aí: asesorou en guerrilla rururbana a grupos terroristas como o IRA irlandés. as súas vinculacións co 11S non acaban de estar claras: sospeitase que en realidade foi el o que estrelou os avións contra as Twin Towers de N.Y. curiosamente foi o estadista Aznar o que veladamente aludiu a el na sua comparecencia parlamentaria sobre o 11M (o autor intelectual non se esconde en lonxanas montañas) polo que podería ter estado ao soldo do PSOE para o cambio de Goberno na Nación Española.
agora reaparece na Región Gallega como axente na Conspiración Incendiaria inda que non sabemos a soldo de quen está. parece ser que coincidiu en 1992 nun club de ambiente con Antón Losada polo que o BNG podería estar detrás da trama para botarlle a culpa ao PP e así gañar posicións electorais.
non se deixen engañar pola sua apariencia de anciano desnortado: en realidade fíxose unha operación en corporación dermoestética para camuflarse tras esa apariencia fráxil e desamparada. 500 policías de élite custódianno.
por fin, finalmente, todo se aclara.
I+ (Axencia Inseminaria de Contraintelixencia Gallega)

2 Comments:

At 10:50 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Caralludo!!

 
At 11:33 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Qué problema tan gordo tés! Freud disfrutaría contigo e X. Camba tamén. Noraboa por non aportar!

 

Enviar um comentário

<< Home