INSEMINARIO

a punk attitude

14.9.06

ACLARACIÓN

Entón, a ver, como era?. A trama de terroristas incendiarios eran os alcaldes do PP, auspiciados pola dirección provincial da Coruña e baixo o consentimento de Núñez Feijoo. Vale, entendido, e os responsables do 11-M resulta que era o PSOE xunto con destacados cadros da Policía e máis a cadena Ser, escudándose nuns pobres parias islámicos (cabezas de turco, nunca mellor dito).

Correcto, entón os terroristas son os do PSOE, os do PP, os principais grupos de comunicación de España e as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Entón os que non son terroristas son o BNG, os medios de comunicación galegos e o Ejército Guerrilheiro. Supoño.

Como cambiou o conto...

Gambrinus Baby*
Igual eu tamén son un pouco terrorista e non sabía. E a miña muller?

1 Comments:

At 12:42 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Por medo a un dexafío sen prenzedentes e a unha especie de revolución sosiá, Juanka dixo que había que trokar de goberno senón buf neno sabes non? e que os atentados de madrí foran moito non sei se vox acordades. Os do pp non o deron asumido aínda que recibía ordes bobónikas e agora adíkanse a batasunizarse queimando á noxa terra e actuando de incendiarios extremixtas alá onde se atopen.
Os do soe e aquí os do bnja actúan de bombeiros sofocando estas barbaridades.
Por ultimo quen paga todo isto xomos a xente de a pé e sen cabalo. Ríense de nós e bábanse por nox e todo iso é hai que dicir que chove e demáis.
PAKO MENA (el retorno)

 

Enviar um comentário

<< Home