INSEMINARIO

a punk attitude

30.9.06

VIVA El País!

La Voz de Galicia, a parte de ser un xornal mediocre e ridículo, é a marca dunha coñecida factoría mafiosa, de reparto de favores e prebendas baixo pago ao contado.

La Voz de Galicia, que calou coma un morto os primeiros anos do proxecto da Cidade da Cultura (non só calou, mesmo lle adicou unha publirreportaxe), agora carga as tintas contra o novo Goberno por este tema, xustamente agora, cando se pretende introducir algo de transparencia e racionalidade no despropósito herdado.

Que pasa?, que a Consellería de Cultura non gasta suficiente pasta en publicidade institucional na Voz?, ou que o novo Goberno apoiou a saída da edición galega de El País, e ao "capo dei tuti capi" entroulle o canguele?.

Outro día falaremos dos articulistas da Voz, un a un, empezando por ese politólogo que sempre repite o mesmo mantra: "uns din isto, outros din aquilo, pero aquí o único que sabe o que hai que facer é un servidor", unha cantinela tipo "borriquito como tú, tururú, yo-sé.más-que-tú" que normalmente desemboca nunha orixinalada, expresada con contundencia, pero de contido acuoso e insustancial. Vamos, un farsante.

Milton Jameson

5 Comments:

At 2:13 da tarde, Anonymous Anónimo said...

"xustamente agora, cando se pretende introducir algo de transparencia e racionalidade no despropósito herdado"
ui ui ui
estará deixando de ser o inseminario unha punk attitude??

dinamita pa los pollos!

 
At 10:33 da manhã, Anonymous Anónimo said...

ahí ha dolido....uy!!!

 
At 5:49 da tarde, Blogger inseminario said...

a cuesión é que en Inseminario tamén queremos chupar do bote e estamos a ver se nos ceden un edificio dises de 10.000 m2 e vivimos dunha vez como nos merecemos. logo especularíamos inmobiliariamente vendendo a primeira urbanización punk do planeta. a canceira reservarémola para o usuario anónimo que estará moi mono coa sua correa de tachuelas.
por certo, é punk o que Inseminario decide que é punk.

 
At 5:57 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Caña a los plumillas ...así me gusta.

 
At 12:13 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Contar conmigo que yo también quiero. A ver, si de una vez por todas pillo cacho ...

 

Enviar um comentário

<< Home