INSEMINARIO

a punk attitude

19.7.10

Pola suspensión da Autonomía en Galicia

Debido ás últimas novas procedentes da Región Gallega, Inseminario declárase SuperAFavor da suspensión da Autonomía na Región Gallega. Agardamos así pasar a ser gobernados en exclusiva por Concellos, Diputación e Estado Central.
As razóns desta postura son ben coñecidas. Ao carecer a Autonomía de orzamentos así como de ideas, proxectos ou visión de futuro entendemos que unha Administración Gallega non ten senso algún. Para facer nada non é preciso ningunha estructura administrativa.
Algúns membros moi activos dos sindicados aducen que qué vai pasar con tanto funcionario. Inseminario, dacordo cos seus estudos prospectivos, asegura que non vai pasar nada malo: como todos os funcionarios son tan estudiosos, capaces, traballadores, competitivos, resolutivos, eficaces e eficientes non terán problema algún en atopar todos eles traballo nas 24 horas seguintes á suspensión da autonomía; mesmo sairán gañando posto que no sector privado os salarios son máis elevados.
Como medidas previas á disolución da Autonomía deberíase derogar o estatuto de autonomía e podemos intentar vender a Autonomía a algún Emirato Árabe. De paso solucionamos o lío que hai a nivel Estatal co tema autonómico, etc.

Manuel Fraga