Advertencia: os 10 mandamentos de inseminario
vémonos na obriga, a estas alturas, de explicar cómo funciona esto de Inseminario, máis que nada a modo de advertencia, así que ofrecemos os nosos 10 mandamentos:
- a nosa actitude é punk pero somos o que queremos
- Inseminario non ten porqué ser divertido. pode perfectamente non selo.
- esto é unha historia completamente seria.
- podemos criticar ou non criticar.
- podemos alabar ou non alabar.
- o punto 4 e o 5 están sometidos ao noso libre albedrío, é dicir, podemos facer o que queiramos de xeito completamente arbitrario, ou non, que sempre estará ben.
- estamos en contra do relativismo. neste punto coincidimos plenamente co discurso do papa Benedicto16 xustamente antes de ser designado papa.
- o punto 7 refórzase polo feito de que a Xeración Vox decidimos o que é e o que non é e non temos que ofrecer ningún tipo de explicación. para qué serven as explicacións?
- lideramos o Movemento SuFaTo (super a favor de todo).
- somos peña normal así que estamos SuperAFavor das contradiccións.
O PP (Profeta Punk).
1 Comments:
Acabo de descubrir que son normal, estou destrozado.
Enviar um comentário
<< Home