INSEMINARIO

a punk attitude

19.10.06

O auténtico superheroi galego

Toda cultura necesita os seus mitos e, na súa versión moderna, superherois. Así a cultura tradicional deu lugar aos Robin Hood, Rob Roy, Curro Jimenez ou Breogan. Na cultura moderna son substituidos polos Batman, Spiderman, Capitan América, etc.
Conscientes desta realidade, o Observatorio Inseminario de Besos, Verdades e Consecuencias, púxose a buscar ao auténtico superheroi da Rexión Galega, o superheroi galego do s. XXI.
Despois de meses peinando o pais descubrímolo, chámase SuperCouso. O seu pendón ondea nos ceos de Brión, cual Batman rururbano, sempre disposto a ser chamado (mesmo en domingo e por semana ate as 10). Ten a súa base á veira da estrada de Noia (procura boas comunicacións para atender raudo as súas supermisións).
Supercouso ten patrocinio da Coca-Cola, pensa globalmente e actua localmente para combater a fame no mundo .
Neste momento crucial, de grandes oportunidades históricas e no que se require altura de miras para a aprobación dun Estatut que nos guíe no s. XXI, INSEMINARIO recomenda abolir completamente do texto a definición da rexión galega como Nación de Breogán, por obsoleta e hortera. No seu lugar proponse: Nación de SuperCouso.

En Compostelópolis.

Clark Quen
O superreporteiro galego

2 Comments:

At 10:43 da manhã, Blogger mariademallou said...

firmo, que reescriban o himno xa!

 
At 11:32 da manhã, Anonymous Anónimo said...

Eeeeh! Eu téñoo enfronte ó meu piso e tennos salvado a vida máis de unha vez. Eso de poder mercar trapalladas un festivo ou un domingo de resaca, ou ter un estanco dispoñible (Sí! Tamén é estanco!) ate as dez da noite penso que ten que haber salvado a moita xente da desesperación. SuperCouso, superheroe nazonal xa!

 

Enviar um comentário

<< Home