A pena de morte
A pena de morte: ese interesantísimo asunto que tantos traballos de ética de 3ª ten motivado. O Comité Inseminario de las Verdades Verdaderas (CIVV) quere manifestarse Super a Favor da Pena de Morte precisamente no Día Internacional da Pena de Morte. Xa o dicía meu primo, Millan Astray: "viva la muerte", frase coa que pasou a posteridade.
A pena de morte, en primeiro lugar, é o paradigma da política moderna, que se basea no endurecemento das penas:
- solución ao terrorismo: endurecemento das penas.
- solución á violéncia doméstica: endurecemento das penas.
- solución ao botellón: endurecemento das penas.
- solución ao tráfico de drogas: endurecemento das penas.
- solución aos accidentes de tráfico: endurecemento das penas.
- solución á piratería: endurecemento das penas.
- solución aos incendios: endurecemento das penas...
O endurecemento das penas, como se pode observar, é unha especie de tres en un da política contemporanea: arregla todo. Consecuentemente, Inseminario, no seu papel de liderazgo social e moral, quere reclamar da clase política que adopte mediadas consecuentes, audaces, innovadoras e apoiadas na nosa tradición, que ao fin e ao cabo a democracia en España é cousa de dous días atrás. Endurezcamos definitivamente as penas, libremos as boas xentes do mal que os acecha:
¡Pena de Morte Xa!
Millán Castray
2 Comments:
Super a Favor de Inseminario. Solucións imaxinativas e novidosas para os grandes problemas da nosa época. Cadeira de deputad@(s)para Inseminario! Ou mellor: columna na Razón para Inseminario!! (que cunde máis).
P.D: boísimo o do fiestiguai ou folligal, rapac@s. Graciñas por distraerme terriblemente do traballo e provocar unha baixada do meu rendemento.:p
Super A Favor de rendir pouco no traballo e aproveitar para facer cousas produtivas
Enviar um comentário
<< Home