INSEMINARIO

a punk attitude

3.11.06

ano 2206, rollos preocupantes

Región Gallega, ano 2206.
algunhas cuestión seguen a preocupar aos habitantes.
ten Gz orixe celta?
reintegracionismo, si ou non?
era a U hexemónica no chiringo aquel que había hai un par de séculos?
causas dos incendios
A ou La Curuña
eucaliptos si ou non
España segue a marxinar Gz
Gz carece de infrastruturas, leva 30 anos de atraso
o atraso económico da Gz
a paisaxe na obra de Castelao
a economía autocentrada
o rodaballo gallego é o mellor do mundo
facer país
a herencia deixada polo PP é unha hipoteca
qué facemos coa Cidade da Cultura?
quén lé Tempos?
.....
Costradamus

1 Comments:

At 12:05 da tarde, Blogger A Raíña Vermella said...

Que é a Cidade da Cultura? Que é facer país? Que é a economía autocentrada? Quen le Tempos? Onde vai o post sobre a policia nazonal gallega? Volvín a ter alucinacións? É que xa non me fai efecto a medicación nova? Sacádeme deste marasmo de dúbida e zozobra.

 

Enviar um comentário

<< Home