Conxugar tradición e modernidade
Os Cool Hunters de SUFATO teñen localizado novas mostras da creatividade do capital social galego. Expresións radicais de novas sínteses arquitectónicas conxugando tradición e modernidade, novos usos para a arquitectura sobranceira. Mestura de materiais para procurar unha nova linguaxe arquitectónica.
Super a favor (of course)
Kevin Castiñeiras
5 Comments:
Isto semella o cabozo de Velmez.
Iso da "creatividade do capital social galego", a parte dunha maldade sen límites, paréceme un descubrimento felicísimo. Vouna empregar sen desmaio para canta conxugación moderno-tradizonal atope. Parabéns.
Lémbrame a unha cousa que vin en Roma: dous andares de vivendas construídas enriba dun coliseo (que non "do" Coliseo), demostrando que en todas partes cocen fabas. Sentinme coma na casa, aínda que por suposto non estaba nin moito menos tan currado coma isto.
E xenial. Ai se nosos arquitectos chegaran a esto.... Enhoraboa o artista e o fotógrafo. Quero máis destas
O de nova non sei que dicir ... pero creo co levan facendo décadas.
Enviar um comentário
<< Home