INSEMINARIO

a punk attitude

6.11.06

Idea!!!

Desde o Comité Inseminario para a Inseminación Total (CIIT) temos o pracer de lanzar ao mundo unha idea que revolucionará o tecido productivo da nosa Región, estimulando a actividade inmobiliaria e por efecto arrastre o conxunto da economía galega, e contribuindo dese modo a promover un desenvolvimento sustentábel da coesión social e do benestar dunha cidadania con maiores doses de vertebración, conciencia crítica e capital social.

Trátase de... tachán!!: o Catálogo de Recursos Especulativos da Galiza. Parece mentira que unha proposta tan sinxela non teña sido todavía enunciada por Xosé Luis Barreiro, Roberto Blanco Valdés, Suso de Toro ou calqueira dos cumios intelectuais da Región. O Catálogo consta de fichas individuais de cada un dos 315 concelleiros de urbanismo de Región Gallega. En cada ficha haberá unha foto do ínclito, xunto cunha clasificación de unha a cinco estreliñas (mellor de 1 a 5 "s", de subornabilidade) que recolla o moito ou pouco razonable que sexa o paisano. Ademais, pódese adxuntar baixo a foto un breve comentario que dé pistas sobre como entrarlle ao señor concelleiro. Por exemplo: "ghústanlle as neghriñas", ou "vaille o whisky caro", ou "lo suyo son los bugas tuneaos", ou mesmo "procurar nenos menores". Nalgúns casos os tipos poden ser perfectos monicreques en mans de terceiros (o admirado Roca da admirada Marbella, p.e.), e entón haberá que indicar a vía de acceso ("falar co cuñao", "falar co bedel", etc.).

O CIIT coñece algunha experiencia innovadora de marketing empresarial onde certa construtora pagou un capricho dun alcalde consistente en "desde joven siempre quise tener una cena romántica con Claudia Cardinale" e que custou 40 millóns de pelas, avión privado incluido. Este mesmo alcalde, co mesmo procedimento, pegouse algún garbeo por Singapur xunto con outro famoso construtor, ou un paseo en iate pola costa atlántica da península. Nin que decir ten que a primeira construtora mencionada (a de Claudia Cardinale), comezou a facturar a lo loco no municipio.

Unha ferramenta coma o Catálogo, de máxima utilidade para promotores inmobiliarios, ben empregada, sería un estímulo e un factor de dinamización de primeira índole para o mercado do solo. E o mercado do solo, guste ou non, é a base do noso crecimento económico, co cal tarde ou cedo repercutiría na mellora da calidade de vida de todos nós.


Walter Primogénito

1 Comments:

At 6:52 da tarde, Blogger xOsedorrio said...

jaja... a iniciativa está moi ben: empeza ti por poñer nomes e aplidos.

blog and roll

 

Enviar um comentário

<< Home