INSEMINARIO

a punk attitude

6.11.06

Policia Nazonal Galega

Agora que por fin estamos a piques de conseguir a moi progresista reivindicación dos nosos ilustres devanceiros (os insignes-galeguistas-históricos) de dispor dunha auténtica policia nazonal galega, unha policia que nos fostie dunha forma autóctona e idiosincrática, que nos deteña e rexistre e reprima na nosa propria língua, desde Inseminario queremos celebralo aportando algunhas ideas decisivas:

1) O eslógan da nosa policia debe ser: "Todo con Re-Tranca"
2) En vez de silbato, impartirán as ordes con minigaitas
3) É imprescindible elaborar un procedimento de interrogatorio nazonal galego, que empece por "oiches, e ti de quen ves sendo?", e que siga con un "tíeee... non serás medio atravesado?", ou "hom, eu non sei, pero paréceme a mín que...".

(Continuará)

Jean Claude Castiñeiras

3 Comments:

At 7:38 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Iso está moi pero que moi ben.

Eu engadiría un Estatutiño nos que os nosos xuristas e polícos fagan unha leis nas que tamén nos prohiban:

1) Un traballo de longa duración 2) Cobrar o paro
3) Ter unha vivenda digna antes dos 80 o que nos fagamos políticos
4) viaxar antes de facernos políticos (conformamonos con comezar por Europa)
5) Leer algo mais que propaganda política a un precio asequibel
6) Unha seguridade social que nos atenda preferiblemente antes de cada catro anos
7) Contar cuns medios de comunicación nos que se nos informe de algo máis que da crónica social de cada municipio (tipo a festa do pulpo, asasinato no changai, peregrino con bochas nos pés,etc)
8) Fumar nas portas dos edificios.
9) Adelantar os que van a 20 km/h
10) Comer caldo en inverno

E así ata o infinito. O caso é prohibir así co da policia e co estatutiño xuntos poderíamos convertinos nun gran pais de liberdades, dereitos e exemplar para o mundo enteiro.

Asdo: Jean Marí

 
At 7:34 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Un sabio dixo unha vez:
"Si la vaca es de donde pace y no de donde nace. Por qué no le llamamos PACIÓN y terminamos con el problema?"

Eu baixo este lema, concordo con chamarlle Pazón ou pación.

Ademáis así remataríamos co problema dos residentes ausentes, porque eses naceron pero non pacen...

Por outro lado a vos deixarían de sairvos sarpullidos cada vez que escoitarades tanto "nazón como nación"

 
At 2:22 da manhã, Anonymous Anónimo said...

Joder que buenos todos... me habeis alegrado el día y la romería

 

Enviar um comentário

<< Home