historia baseada en feitos reais
(e vai en serio, como todo)
poñamos un rapaz que se mete nun partido (ou fronte) como o Bloque Neocón Galego. o rapaz ven dunha vila pequecha e decadente, marcha a estudiar a Santiago onde xa milita un pouco máis nas xuventudes escleróticas, logo coa mesma inercia marcha algo por aí adiante, por eses mundos de dios (viaxar da prestixio con tal de que non sexa a España). volta. faise concelleiro da súa (ainda máis) decadente vila. o BNG chega ao Goberno da Región e un político sen formación de ningún tipo (inda que moi disciplinado) chámao ao seu lado.
logo de levar gobernando ano e medio cae nas mans do rapaz un mail por casualidade destinado a unha terceira persoa onde en dous parágrafos sinalase cal debera ser a orientación de "tal" política.
o rapaz solta unha serie de frases:
- a nós nunca nos escribiron nada con tanta claridade
- a nós nunca nos veu dicir nada niguén.
no Inseminario estamos estupefactos: alguén accede ao poder sen programa e sen saber que facer, contratan a xente sen criterio e a continuación non buscan ningún tipo de asesoramento externo. ainda por riba queixanse de que ninguén lles conta nada (supoñemos que de gratis), é dicir, os de fora tñen que ir alí, non piden eles asesoramento.
temos que deducir que este rapaz-político tampouco sabe ler porque mirade que hai literatura accesible a "tal" política en medios de difusión tan convencionais como por exemplo este.
todo iso cos teus impostos, pequeno besbello.
ben. Inseminario recomenda paciencia (ou patadón nos dentes).

I+D (Inseminación e Desenvolvemento)
3 Comments:
e que eu o leo e penso no Rubenciño Cela...é cuspidiño (e superafavor, claro).
pois anda preto mais non é tal :)
polo que debemos concluír que non é un feito puntual senón un rollo estructural (palabro de moda tamén).
Paciencia xa temos bastante e iso e o que arruina a Galicia hoxe, o que a arruinou no pasado e o que a arruinará no futuro.
Sen embargo, a morea de ineptos, iletrados, cínicos, ladróns, pelotas, arrastrados, prepontentes, caciques, enchufados, etc que invaden os partidos polícos non e só exclusivo de Galicia. Mirade os EEUU, a Inglaterra ou a o goberno de España, se ir máis lonxe.
Desgraciadamente, Galicia non é diferente e iso non é un consuelo. Ainda que, se é cuestión de marcar diferencias, creo que nesta terra perviven comportamentos caciquís que fan cas cosas boas, como os dereitos dos cidadáns ( os que pagamos), chegen con mais atraso que no resto dos países desenrolados.
Xa se sabe, hoxe en día, adicanse a política os que non valen para outra cousa e queren facer cartos sen rascala e para mostra. estes, os outros e os de mais alá.
Enviar um comentário
<< Home