INSEMINARIO

a punk attitude

27.9.07

Panacea Universal (2): traspaso de competencias

Según parte da unión do pobo máis gallego existe unha nova panacea universal para solucionar todos os problemas como o de Irak, o do cambio climático, a extinción das baleas, qué viño combinar cun prato de escabeche, os accidentes de tráfico na Región Gallega, as fontes enerxéticas ou a obesidade infantil:
Traspaso de competencias á Región Gallega!!

Nos estamos SupersuperAFavor. De momento parece que xa traspasaron todas as incompetencias.
Coronel Xorqueira

25.9.07

Arqueoloxía da SuFaTo

Si, si, o movemento incendiario SuFaTo bebe das fontes da Sociedade 'Patafísica do Atlántico, e do seu foro de debate (think tank) Aespiral de Pensamento Salvaxe, e do seu órgao de propaganda "O Atraso Psicolóxico de Galiza", e da vangarda regionalista radical de Inseminario, e do seu referente político Reticencia Galega, contaminando por vez a todos eles nun labirinto de confusión fecunda que nos permite facer país, mogollón de país, varios países incluso, moi en positivo, xunguindo o que é a tradizón co tema ése da modernidade.

Sen embargo, non reparamos en que existía un vínculo sagrado cun dos nosos indiscutibles herois. (ver "El sufato atómico")

EL CREADOR

24.9.07

SuFaTo


Sentimos non poder ofrecer a foto - clave da Exposición: Néstor cunha chapa de SUFATO, cunha disertación balbuceante sobre o poder. Outra vez será.
Tamén hai que dicir que sacou a chapa axiña: seica ten efectos contaxiosos rosa-fuscia....

Proffessor Piruleta

18.9.07

Premio especial a toda unha vida

O Grande Xurado Inseminario decidiu otorgar un merecido Premio Especial a Toda unha Vida de Narcisista e Cortito ao deseñador castellano Antonio Piernas, considerando os seus notables méritos de xilipoulas de alta costura e o seu compromiso cívico a través da asociación "amigos de la ele coruñesa".
RIP.


B.P.S.I (Brigada de Profilaxe Social de Inseminario)

15.9.07

II Gran Premio "Narcisista & Cortito"

Logo do galardón concedido na primeira edición do Gran Premio "Narcisista & Cortito" aos macroxilipoulas Antonio Losada e Antonio Reixa, Inseminario comprácese en declarar gañadores ex aequo desta segunda edición a:

1) Carlos Blanco (si, si, o presentador da tele, o Estanislao ou Honorato o como cojones se llamase en Mareas Vivas). Un ego xigantesco nunha cabeza minúscula, un plaxiador de tomo y lomo.

2) Víctor Mosquera (ese, el de Mofa y Befa). Un saquete de complexos. Dá grima.


B.P.S.I. (Brigada de Profilaxe Social de Inseminario)

14.9.07

Nicole, entra en razón

1. Inseminario quere manifestar a súa consternación polo empecinamento de Nicole, e aproveita para enviar un saúdo fraternal aos camaradas do M.P.B.N.



2. O servizo de contrainformación de Inseminario advirte da inauguración da exposición 1.388.253 puntos do movemento SuFaTo o día 20 de setembro, na galería "zona C", xunto ao CGAC (Santiagho).






13.9.07

Democracia

Todos os cidadáns galegos teñen dereito aos seus dous anos e un día de alto cargo.

Andy Altocarghol.

12.9.07

SuperAFavor do Plus dos Altos Cargos

Inseminario manifesta a súa total adhesión ao Plus dos altos cargos polo que estes cobrarán ata 15.000 Euros anuais durante toda la vida (como o do Nescafé) unha vez que deixen de exercer a súa sacrificada labor pública. É unha medida profundamente democrática e nós estamos SuperAFavor da democracia, polo que todos aqueles que se opoñen non entenden nin aceptan a DEMOCRACIA (con maiúsculas).
Entendemos que é unha medida imperfecta inda que extraordinariamente boa. O único que hai que facer para perfecionala é que os membros de Inseminario teñamos un Alto Cargo durante un par de anos e dous días (como o noso admirado Antonio Losada). E listo.
As suxerencias para Alto Cargo son:
* Secretariado Xeral de Chavalas.
* Dirección Xeral de Propagación
* Dirección Xeral de Chorvas.
* Conselleiro de SUFATO.
* Secretariado Xeral de Facer País
* Dirección Xeral de Confusión e Obxectivación
* Conselleiro de Xunguimento de Tradizón e Modernidade
etc.

6.9.07

Antonio is over

Ensinácheslle a cantar o himno galego a un neno de menos de tres anos?.
Rañaches cunha rasqueta os rótulos da Vicepresidencia da Xunta?.
Despediches a unha asistenta sen indemnización?.

Porque aínda te quedan moitas cousas por facer....
A Vicepresidencia da Xunta de Galicia ten unha Secretaría Xeral para ti!*


King Tana


*Oferta disponible só na Región Gallega durante o mes de setembro.

Obxectivo conquerido: Antonio Losada a rañala

Inseminario strikes again: Adeus Antonio Losada.

1.9.07

Imbecilismo Armónico (2)

Folga dicir que o movemento SuFaTo, está super a favor tanto do continente, como do contido (Nudistas No!), que quere dicir, que nos molesta mogollón que as praias se enchan de tíos ensinando os seus cús peludos. En cambio, parécenos xenial que as chavalas luzan en topless por doquier.

Capitán Cebolleta.

Imbecilismo armónico (1)

Nudistas No.
Nudistas Non.

(Pintada na rocha na praia do Dique, Porto do Son)