A Comision da Region Gallega para a Igualdade Racial, de Xénero e para a Hixiene Moral en Xeral (CRGIRXHMX), quere manifestar o seu total desacordo coa idea de que a cultura nos fai libres, de feito non estamos de acordo nin coa cultura, nin coa libertade. O relativismo moral que envolve a sociedade occidental nos últimos anos é o vento sobre o que cabalga o mal. En consecuencia, é a nosa responsabilidade recuperar o máis granado da nosa tradición literaria, esto é ,queimar os libros, así como cedeses e outros soportes de contidos potencialmente dañinos.
Os libros que a continuación se citán, constitúen a expresión do mal e atentan contra os valores esenciais da nosa sociedade moderna dende a tradición e debareselle aplicar a axeitada profilaxe:
- Tintín en el Congo, por basearse en estereotipos raciais atroces.
- Asterix e Obelix, polo trato claramente xenófobo e ridiculizador que se lles da aos romanos.
- Esther y su mundo, por contribuír a asentar entre a poboación feminina estereotipos patriarcais, machistas e retrógados.
- El Jueves, por atentar contra la dignidad de El Rey (Elvis vive!).
- As películas do oeste, por ofrecer unha imaxe sesgada e cargada de prexuizos racistas sobre os americados orixinarios.
- As películas de gansters, xa que o consumo patolóxico de tabaco que nelas se produce contribúe a difundir na sociedade hábitos non saudables, e constitúe un mal exemplo para os nenos.
- As películas de Wong Kar Wai, porque as asiáticas que saen nelas producen estragos na tensión arterial dos espectadores.
- Os Teletubbies, porque inducen á confusión dos nenos sobre a súa propia sexualidade, constintuíndo unha forma abxecta de proselitismo gay encuberto.
- Winnie de Pooh, por aproveitarse da candidez da infancia para fomentar conductas sexuais desviadas.
- Batman e Robin en todos os seus formatos, xa que a relación de dous tíos con máscaras y pantys que se ven nunha cova e un deles se chama petirrojo, resulta claramente sospeitosa de toda perversidade.
- Os cedeses de Barricada, Fermin Muguruza, MCD, etc, así como calquera outro idenficado pola AVT como antipatriótico.
- Todos os libros de Educación para a Cidadanía, expresión do mal en si mesmo. Participar nesta asignatura e colaborar con Mal.
En canto as novelas contemporáneas en galego, dado que non se entende o que din e até que sexa descifrado o seu contido deberán ser retiradas do mercado e mantidas en corentena. Se pasados os 40 días, non se entendeu o que din, tamén serán queimadas.
Camilo José Cela D´or