INSEMINARIO

a punk attitude

15.2.12

Terapia para militantes "atacaos"

Sufre vostede stress post-asamblea/congreso, considera que os seus compañeiros de organización son uns traidores, apesebrados, mercenarios, vendidos, trepas, incapaces, acomplexados, semi-analfabetos….E posible que vostede teña razón, máis para saír de dúbidas probe o seguinte.
A) Localice a un amigo ponderado, razoable, intelixente (a ser posible) e que non estea involucrado en organizacións políticas. Se non ten ningún mírese ese problema, é grave. Se o ten pase ao punto B.
B) Cóntelle ao seu amigo as abismais diferenzas que o separan deses seus odiados compañeiros de organización. Analice a linguaxe corporal do seu amigo.
Os resultados posibles os seguintes:
I) Se vostede non é capaz de atender mentres fala ás reaccións do seu colega o mellor é que procure algunha droga relaxante que lle axude a sobrelevalo (Consello: Os gintonics son trendy).
II) Se, de repente, empeza a pensar que o seu colega é un pouco idiota repita o punto B con outro amigo. Se a súa impresión non varía procure axuda e, en caso de automedicarse, mire de conseguir prozac por internet.
III) Se empeza a ter a sensación de que vostede é un marciano, está de sorte, aínda está a tempo de voltar a ser unha persoa normal. Procure a súa forza interior, axudaralle a recuperar a harmonía.

Awamba Buluba