INSEMINARIO

a punk attitude

29.6.06

El Gallego con 10 palabras!

Hola! soy el profesor Carlos Maurer y con mi método el Gallego con 10 palabras. aprenderás rápidamente a falar Gallego. Estudios demuestran que en la vida cotidiana apenas usamos más de 10 palabras. Son ya miles los neoyorquinos que hablan, viven, ven la televisión e incluso trabajan en Gallego con mi método, el Gallego con 10 palabras
A qué agardas? aprende ya el Gallego con mi método.
Profesor Carlos Maurer
NOTA: aquí está o método do profesor Carlos Maurer!!!
  1. sobranceiro
  2. devanceiro
  3. reflictir
  4. nazón
  5. reintegrata
  6. deturpado
  7. señerdade
  8. españa
  9. español
  10. isolacionismo
(CRAI) Centro Regional de Algo de Inteligencia

27.6.06

La Unidad De España

unha vez derrotada a selección española, o único que nos une como nación é ETA
Delegación da ONU en Inseminario

O Comunismo

O Comunismo é aquelo que xurde sobre as 5 da mañan, despois de ter ceado ben, 4 ou 5 copas ou outro tipo de substancias. Cun nível axeitado destes elementos en sangue aparecerá o comunismo (sempre moi relacionado coa amizade).
Coa resaca desaparece o comunismo.

Rock Iña

25.6.06

io, facendo país

a vida é un complexo, químico
a vida é química
a vida é un complexo.
ser menos.
Sentencia do Xulgado Inseminario nº1 do Criminal

23.6.06

dous comandos para gobernar a REGION

para gobernar na Región Gallega precísase do domínio de dous comandos simples:
CTRL C + CTRL V
é dicir, copia e pega, copy and paste. e listo.
Subcomité de Cultura Dixital

O galego é o idioma máis dificil do mundo

O Observatorio Inseminario sobre Asuntos Extranos (OIAE) ven de descubrir por que o galego é cada vez menos falado. A razón é que se trata do idioma máis dificil do mundo. En este sentido atopáronse as seguintes evidencias.

Evidencia 1: os opositores que se presentan a prazas públicas en Galiza son capaces de aprenderse a constitución española e o estatuto de autonomía de memoria, de memorizar a ley de procedemento administrativo, de lembrar o nome e código de centos de formularios e procedementos, así como outras ciencias obtusas, todo elo en castelán. Agora ben, se teñen que facelo en galego, resulta misión imposible. Corolario 1: aprender en galego é moito máis dificil que en outros idiomas parecidos e coñecidos polos discentes.
Evidencia 2: os alumnos que veñen a Galiza de fora son capaces de aprender macroeconomía, cinética química avanzada, dereito romano ou físcia cuántica, pero non son capaces de aprender galego. Corolario 2: o galego é moito máis dificil que outros campos de coñecemento.
Evidencia 3: os profesores universitarios, xuizes, fiscais, inspectores de facenda, que veñen a Galiza procedentes doutros territórios son capaces de ser expertos mundiais en nanotecnoloxía, física nuclear, dereito especializado, enxeñería contable, etc; pero aprender galego é unha proba insuperable para eles. Esto reafirma o Corolario 2.
Evidencia 4: estos mismo profesionais brillantes cando van a italia aprenden italiano, cando van a EE.UU. aprenden inglés e canto van a cataluña aprenden catalán. O galego en cambio é unha proba digna de Hércules. Corolario 3: efectivamente o galego é máis dificil que calquera outro idioma.
En consecuencia, o OIAE non so ten revelado á explicación de por que o galego se fala cada vez menos, senón que ten descuberto que é O IDIOMA MÁIS DIFICIL DO MUNDO.

Validados o resultados polo Comité Inseminario de Ética e Disciplina Deportiva (CIEDD), nos manifestamos super a favor de que o galego entre no libro Guiness dos Records como idioma máis dificil do mundo e dende aquí lanzamos a campaña a prol da súa candidatura. Orgullo Galego!. (of course).

María Castaña

22.6.06

BNG: Bloque Nacionalista Gabacho

a moi neoliberal consellería de industria (sic) e innovación (sic) fará que un carrefour se instale en Compostela. Así que por fin sabemos qué significaba eso de BNG: Bloque Nacionalista Gabacho. ter comezado por ahí.... SuperAFavor: somos francófilos e agora as panterasrosas vannos saír máis baratas.
Xerlo Ghols

20.6.06

modulación do turismo (3)

a xeración Vox, xa o advertiramos aquí e aquí.
puxemos en marcha unha campaña que está a dar os seus primeiros froitos. de momento só é unha advertencia:
os pailáns son os primeiros en caer (bisté no Grove, centola en Navia de Suarna, rodaballo en Muxía, lamprea en Verín.... así lles vai)
O Anxo Inseminador

estatut: na Región Gallega farémolo mellor

todo apunta a que superaremos o 50% de abstención doadamente:
  • aquí sempre facemos todo máis e mellor (ver La Voz de Paliza)
  • aquí non se sabe se subimos ou baixamos
  • se temos algunha opinión, emigramos
  • deus é bon pero o demo non é malo
  • falar claro non é tradizonal
  • rosmar é tradizonal
  • si pero non
  • etc.
Pe-rico: Estatutizador

18.6.06

Reivindicada a reforma do porto de Muxía!!!

A referma perpetrada no porto de Muxía, cuia autoría era ate o de agora atribuída popularmente ao demo, quen supostamente realizou a reforma nunha soa noite (rollo acueducto de Segovia), foi reivindicada no Diario de Ferrol (Domingo 18 de xuño de 2006), por un tal José González Cebrián, arquitecto.
O suxeito non mostrou ningún signo de arrepentimento nin pediu perdón ás víctimas, polo que dende Inseminario pedimos que se lle aplique inmediatamente a Lei Antiterrorista e, en consecuencia, sexa ilegalizado a perpetuidade, prohibíndoselle reunirse con nadie, incluída a súa muller, os fillos e o can (se o houbere) e por suposto consigo mesmo, pois de ahí procede a súa patoloxía criminal.
Así son as cousas e Inseminario ás conta como lle da a gana.

Carmiño Burrana.
Corresponsal en Patolandia.

Natureza desordeada

Ser amante da natureza e ter un quad, debe ser algo así como amar á tua muller e mallar nela cando che peta.

Tom Camisi

14.6.06

r. villares: xenio inseminarista!!!

r. villares, que é como moncho borrajo (patriota galego!) pero en versión psico-orondo presidente do consello da cultura "galega", propón en pleno parlamento autonómico a fórmula de "nación de breogán" para referirse a Región Gallega (RG) no próximo estatut.
ben, estamos desolados: fronte a tamaña Inseminaria Idea, non nos vai quedar outro remedio máis que admitir ao r. villares na Colectividá Regional Inseminaria como membro de pleno dereito. aduce que ten "sentido cultural e político": non nos cabe ningunha dúbida, nin un chourizo crioulo, nin unha copa máis. agora ben, hai que recoñecer que Inseminario o que ten é senso cultural e político polo que poderíamos propoñer a denominación Región de Inseminario.
Psicotropo



12.6.06

colonización tecnolóxica


cando se fala de colonización tecnolóxica, os modernos débense de referir pois a microsoft e windows e todo iso pero, na Región Gallega, este xeito de colonización é diferente.

s. volíbar

10.6.06

no fondo

no fondo Freud tiña razón: hai que tocarse os collós.
en el fondo del mar matarile rile rile en el fondo del mar matarile rile ró chis_pón
Ahab

8.6.06

cuestións de fé (1ª parte)

o día que a Región Gallega sexa nación, todo solucionarase espontáneamente.
adelgazando os estados para que os mercados o regulen todo, todo funcionará fenomenal.
o vexetarinismo é a solución para todo.
sen fronteiras non habería nengún conflicto.
Congregación para a Fé

5.6.06

SuperaFavor do "non-practicantismo"

o Laboratorio de Ideas Avanzadas de Inseminario (LIAI) quere recoñecer o labor do catolicismo. Si, si, do catolicismo, leron vostedes ben. o catolicismo fai anos que incorporou un concepto vangardista e inseminario (valga a redundancia) que é o do "non-practicantismo", é dicir, un podía ser católico non-practicante e beneficiarse así das grandes vantaxes de ser católico pero ao mesmo tempo ter as vantaxes de non ter que practicalo.
sen dúbida é unha concepción avanzada da militancia. vexamos algún exemplo:
  • vexetariano non practicante (ideal para os amantes do churrasco)
  • socialista non practicante (ideal para os militantes do psoe)
  • ecoloxista non practicante (ideal para o ecoloxismo da Región Gallega)
  • comunista non practicante (ideal para empresarios con resíduos de conciencia)
  • solidario non practicante (ideal para os guais)
  • honesto non practicante (para todo o mundo)
  • feminista non practicante (maltratadores e mulleres pusilánimes) e incluso
  • SuFaTisTa non practicante!!! (outro terrorismo é posíbel).
LIAI

2.6.06

SuFaTo da participación cidadana (Nigrán Revolutions)

logo da exemplar xornada de parcitipación popular na de-nigrante SubRegión Semiautónoma de Nigrán, o Subcomité Inseminario para a Participación Cidadana e Psimulacros de Democracia (SIPCPD) quere manifestarse SuperaFavor da participación cidadana.
SIPCPD

1.6.06

Esnaola

Como Esnaola,
llegaste tú a mi vida,
como Esnaola,
el portero del Barça,
dijiste "¡arsa!",
que a mí es lo que me mola,
como Esnaoolaaa...

Grandes inventos da Rexión Galega.


O Observatorio Inseminario sobre as Maravillas do Mundo da Rexión Galega (OIMMRGA), ven de constatar un invento revolucionario susceptible de modificar o mundo coñecido, a idea capaz de transformar o capitalismo. O minifundio foi só o primeiro paso, agora chega:

LA PROPIEDAD NADA.

Descubriuse en Cabanas e inseminario estivo alí para contalo ao mundo (ou sexa á rexión galega).

La Rana Gustavo

estatut de nació enerxético-eólica

a vantaxe dun ultraliberal nacionalista español dirixindo a consellería de Industria da 'nación' gallega é que cando os madrileños consuman a enerxía producida en Galicia, un ténue son de gaitiñas advertiralles de que están a consumir Enerxía Nacional- Eólica Galega, toda unha vantaxe sen dúbída.
Comité Inseminario de Superafavor dos Listos (CISL)

orballo xurado

COMO UMA ONDAAAAAAAaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa ..........