VIVA El País!
La Voz de Galicia, a parte de ser un xornal mediocre e ridículo, é a marca dunha coñecida factoría mafiosa, de reparto de favores e prebendas baixo pago ao contado.
La Voz de Galicia, que calou coma un morto os primeiros anos do proxecto da Cidade da Cultura (non só calou, mesmo lle adicou unha publirreportaxe), agora carga as tintas contra o novo Goberno por este tema, xustamente agora, cando se pretende introducir algo de transparencia e racionalidade no despropósito herdado.
Que pasa?, que a Consellería de Cultura non gasta suficiente pasta en publicidade institucional na Voz?, ou que o novo Goberno apoiou a saída da edición galega de El País, e ao "capo dei tuti capi" entroulle o canguele?.
Outro día falaremos dos articulistas da Voz, un a un, empezando por ese politólogo que sempre repite o mesmo mantra: "uns din isto, outros din aquilo, pero aquí o único que sabe o que hai que facer é un servidor", unha cantinela tipo "borriquito como tú, tururú, yo-sé.más-que-tú" que normalmente desemboca nunha orixinalada, expresada con contundencia, pero de contido acuoso e insustancial. Vamos, un farsante.