INSEMINARIO

a punk attitude

29.12.06

Un novo himno para a Galiza

O Comité Inseminario para a Alianza de Civilizacións e os Turróns el Almendro que Volven a Casa por Navidad (CIACTAVCN), sempre atento aos debates máis candentes na rexión gallega, quere facer a súa aportación ao oportuno, orixinal e moi agudo debate sobre o himno galego. Evidentemente sumámonos ao rexeitamento dos insultos presentes no himno (Menos férido, que non sabemos o que significa) e denunciamos o seu carácter excluinte e sectario.
A nosa proposta en positivo é que se adopte un novo himno. Rexeitemos os remendos, aproveitemos a posibilidade que esta ocasión nos brinda para proclamar un himno a altura dos tempos, como vocación universalista e que á vez enardeza ás huestes; con contido en valores (como a amistade) e que defenda a loita do pobo; que respecte todas as sensibilidades e opcións sexuais; que sexa épico e glorioso, triunfante!...
O Servizo de Prospectiva Holística de Inseminario (SPHI), xa ten a resposta a todos estes retos.
O noso himno debe ser: "We are the champions".

Eduardo Mercury

27.12.06

parque de atraccións AC/DC

Chiste 1:
- E xa sabedes qué facer coa Cidade da Cultura (AC/DC segundo á Conselleira)??
- Ogaiás
Chiste 2:
- Imos facer un gran parque de atraccións con centro comercial. (A Cultura era isto).
Eureka!

O MRNEDM (o meureinononédestemundo)

22.12.06

Inseminario no Parlmento Regional Gallego

No Parlamento Regional Gallego comeza a existir unha punk attitude.
Se cadra non é xa preciso que Reticencia Galega o invada. Olé.


El Niño de Arosa

20.12.06

Pedro Jota e Jiménez Losantos

A única diferencia entre Pedro Jota e Jiménez Losantos:

- Pedro Jota é un ultradereitista hábilmente disfrazado de liberal.
- O disfraz de Jiménez Losantos é máis barato.

Fuso Horario e Atraso Psicolóxico

"Pi-pi-pi-pi-piiiii. Son as dez da noite, as nove en Canarias,
vinte anos menos na Comunidade Autónoma de Galicia. NOTICIAS".

14.12.06

Manifestación da Dúbida


O novo partido político RETICENCIA GALEGA ven de celebrar a súa primeira manifestación. O acto discurriu onte a media mañá, entre a Rúa Nova de Santiago e a Rúa Príncipe de Vigo, e contou cunha presencia masiva de simpatizantes (2.780.000 persoas, segundo a policia), superando dese modo ás maiores concentracións da Asociación de Víctimas del Terrorismo .

Durante o mesmo reivindicouse a dúbida como elemento nuclear, diferencial e definitorio do novo regionalismo gallego radical.

O evento transcurriu sen incidentes que destacar.

Menos información, aquí.


Comité Periférico da Asociación da Xente Normal (AXN)

12.12.06

CUIDADO!!

Reticencia Galega xa está aquí...

Os Creadores

11.12.06

A propósito de A. Pinochet

Como A. Pinochet hai xente que morre na cama: Franco, Fraga, Antonio Losada, Francisco Rodríguez, Aznar, Reagan, Bush (pai e fillo), Hugo Bánzer, Acebes, Moussa Traoré, Fernando Alonso, Ion Antonescu, Teresa de Calcuta, Pol Pot, Jimenez Losantos, Alaska, etc.
Servicios Funerarios e Extracorpóreos Inseminarios (Xustiza no Máis Alá e Máis Acó)

9.12.06

Fala o líder de RETICENCIA GALEGA

Nunha entrevista concedida o pasado día 5 de decembro, o líder da nova formación política RETICENCIA GALEGA realizou a seguinte declaración: "entre a xente excepcional, son un tipo bastante normal". Inmediatamente foi apercibido de sanción por parte dos órganos directivos da Asociación de Xente Normal, entidade que promoveu a creación de RETICENCIA GALEGA. O líder de RETICENCIA GALEGA ainda non se desdeciu.

El Gallego Ideal

EdSG adgire a RETICENCIA GALEGA

Segundo informan diversas axencias, o partido Esquerda de Salón Galega (EdSG) renunciará a presentar candidatos para as vindeiras eleccións municipais en favor da lista electoral promovida pola forza emerxente RETICENCIA GALEGA.

Reuters / EFE

CCGG adhire a RETICENCIA GALEGA

"Cidadáns e Cidadás Galegos e Galegas" (CC.GG.) comunica a súa disolución como partido político e a plena integración da súa masa de afiliados e afiliadas no proxecto regionalista gallego radical representado por RETICENCIA GALEGA.

E para que así conste, asino e asina:

Pepe e Pepa Ferreiro/a

SuFaTo adhire a RETICENCIA GALEGA

O movimento incendiario Super a Favor de Todo (SuFaTo) manifesta por este medio a súa adhesión incondicional á nova forza política Reticencia Galega, e recomenda o seu voto nas vindeiras municipais.

Asinado: O Comité Central da SuFaTo

T de Texto

Eu detesto, por exemplo ás estrelas do rock´n roll,
aos deportistas,
aos actores e actrices de medio pelo,
aos presentadores de televisión,
á clase política,
e en xeral a todos os putos famosos tipo:
Esperanza Aguirre, Antonio Banderas, Ana Belén, Jorge Javier Vázquez ou Boris Izaguirre.

Por certo, Boris Izaguirre podería ser candidato aos Premios N&C.

John Bergerac

Gran Premio "Narcisista & Cortito"

O colectivo Inseminario ten o pracer de anunciar a convocatoria dos premios Narcisista & Cortito (N&C). Con este galardón, queremos homenaxear a unha figura longamente extendida na nosa xeografía: a daqueles tipos que combinan unha visión idílica de si mesmos (bravucóns, fachendosos, arrogantes) cunha traxectoria profesional que poderiamos calificar como discreta, por non decir mediocre ou lastimosa. Son esa clase de personaxes ante os que te preguntas: ¿de dónde sacou este borderline tanta autoestima?.

Pois ben, chegou o momento do recoñecimento público dos nosos senlleiros N&C, e para iso vamos avanzar unha serie de candidatos. Vós, cyberleitores, poderedes propor nomes alternativos ou ben votar entre os que indicamos a continuación:

1) Antón Reixa: no persoal un chulo insufrible, e como artista unha semi-nulidade. O seu carisma non basta para tapar a súa miseria creativa.

2) Xosé Luis Barreiro Rivas: a súa pose de gran analista político, resumida na frase "ya lo dije yo", é inversamente proporcional ao seu verdadeiro rigor e profundidade académica (non sabe gran cousa).

3) Antonio Losada: una joyita. El maniobrero más sucio y prepotente al este del Misisipi. Como profesor é tan ridículo que produce grima.

4) Francisco Rodríguez: o seu curriculum é escalofriante. Por certo, premede aquí e atentos á expresión "excelente peza literaria". Esta peña sufre delirium tremens.

Colectivo Inseminario para la Paz y el Orden

7.12.06

Descuberta Auga en Marte

Extraordinario descubrimento: Existe auga en Marte!
O seguinte paso é facer unha macrourbanización con campo de golf de 756 hoyos.
Hasta el infinito y más allá!!!!!

Flash Gordon

4.12.06

Igrexa-Moucho do s. XII

A. Feismo?.

B. Románico hortera?.

C. Souvenir xigante?.

D. Friendly design?.

E. Estratexia turística medieval?

F. Fusión?

Walter Ado

3.12.06

sunday bloody sunday


O Microcomité Periférico-Central SuperAFavor dos domingos sangrientos própón 4 elementos de reflexión.
  1. Sunday bloody sunday
  2. o pasado existe (ainda)
  3. o futuro tamén
  4. BNG (Bloque Navallo Gallego).
Coas pistas dadas, adiviñe: " quén é o cocho/porco?"

Bloody Mary