INSEMINARIO

a punk attitude

28.12.08

HEROES

Todos eses médicos abnegados, con consulta privada (e pública tamén) que non fan informe por escrito das próbas diagnósticas que practican e que cando no Sergas lle solicitan aos pacientes o informe (para non ter que repetir as probas despois dunha espera longa e innecesaria) cobran unha segunda consulta por poñer por escrito o que estaban obrigados a redactar no primeiro momento.

A nosa dedicada admiración a estos innovadores do código deontolóxico.

Dr. Manguele

21.12.08

Guía do Cansino Gallego

Cré que o concurso eólico do BNG é transparente
Ainda escoita folk
Lé as novidades literarias en galego inda que sexan un peñazo
A cultura galega é universal
Pensa que Quintana é un político
Rexeita a Beiras. Nunca lle entendeu nada
Mantén que Suárez Canle é o "mellor conselleiro" (ignoramos onde se falla o premio)
Suárez Canle está a transformar o agro galego
Non entende os chistes sobre o BNG, o nacionalismo, etc.
La Voz de Galicia é como unha droga, sabe que é mala, rexeitaa pero non pode vivir sen ela.
Se estás contra el ou o seu universiño é que eres do PP, sociata, tes rabo e es perigoso.
Débese odiar máis ao que marchou da órbita nacionata que ao que nunca estivo
Adora a Manolo Rivas e a sua incombustible e galaica ñoñez.
Intue que Manolo Rivas é máis listo e calcula mellor ca el
Sente envexa do diario El País pero nunca o recoñecería
Como non ten glamour pensa que é de esquerdas pero simplemente é un pouco pailán
Ten carreira universitaria pero pensa que vive no/do agro e/ou que é proletario ou as dúas cousas a un tempo
Non ten carreira universitaria polo que odia o glamour. Os titulados son uns jetas e un vagos
Descubriu tarde (feo, calvo, gordo, viejuno, gris) que as do PP ou PSOE foden máis e mellor, con máis xeito e que incluso están boas e se depilan regularmente
Cando pensa na cultura galega pensa na cultura do BNG
En público gústalle Teresa Moure. Íntimamente dalle mesmo un punto de noxo incomprensible.
Un día viaxou. Non se sabe máis.
Un día viaxou ao País Vasco e víu a luz. Outro día foi a Cataluña e rozou o ceo coa punta dos dedos.
Por un primo mariñeiro sabe que no barrio Banesh de Bombay non saben qué é Galiza nin onde está, está escandalizado e pensa que é culpa dos reis católicos, de Franco, Touriño, Zapatero, Aznar e o corte inglés.
Un día viaxou a Madrid e contao como se viñera de Rwanda.
Falar sobre a lingua galega apasiónao. Falala ben, non
Os pronomes en galego dependen do azar.
Critica o galeginglish de Touriño.

e así, infinitamente
Xonni Roten-meyer

17.12.08

La Regione Nostra

O xeito máis eficaz de combater a Mafia pasa pola creación dunha potente estrutura paralela como a Ndrangheta.
Conseglieri Bianco Cuin
PS. E Paco Vázquez no Vaticano!

14.12.08

reticencias tecnolóxicas

1. Agora veñen co tema do wifi cando nós na Coruña xa hai vinte anos que nos chamabamos winfi (qué pasa, winfi?; enróllate, winfi!).

2. Montaron o choio ése do Sillicon Valley pero moi mal montado. Xa o di a palabra: Seica Non Vale.

Era visto. A innovación é un atraso.

Alto Comisionado Inseminario para as Relacións con Yerroltierra

11.12.08

Causas dos accidentes de tráfico

O 24% dos accidentes de tráfico son debidos ao cansancio.
O 36% son debidos ao consumo de alcohol.
O 52% débense ao exceso de velocidade.
O 18% son debidos ao uso do navegador.
O 29% está relacionado có uso do teléfono mentres se conduce.
O 13% débense ao mal estado da vía.
O 34% son debidos a distraccións.
O 19% ao mal estado do vehículo.
O soño causa o 30% dos accidente de tráfico.

Confirmado!,
o 225% dos accidentes de tráfico ten algunha explicación.

La mujer que se aparece en las curvas chungas

SGAE

SGAE: os blackwater da cultura.


George W. O´Bush.

10.12.08

Postais desde a Región Gallega: Lugo

Bonito.

Cosegliería de bastante turismo e algo de industria.

3.12.08

Pailáns Con Fronteras (PCF)

Reunidas as masas inseminarias en asemblea auto-convocada, acórdase por aclamación a creación dunha ONG que desenvolva todo o potencial auto-gallego e permita o asociacionismo e a acción social dende a base de xeito auto-xestionado. Acordamos así a creación de Pailáns Con Fronteiras (PCF). A misión da nova ONG é o espallamento da pailanada en todas as súas formas e variantes. O marco de acción é toda a sociedade dentro das inexpugnables fronteiras da Región Gallega.
Dentro de pouco daremos a coñecer a súa xunta directiva.

Mil-hucho. Tipo rural-rural.