INSEMINARIO

a punk attitude

31.7.06

mito

INSEMINARIO: desmitificando os mitos, mitificando a desmitificación.
(p)Ícaro

26.7.06

FolliGal /Fiestiguai: guía pequecha parcial.

FolliGal: co gallo do día da Región Gallega el Beenegé organiza unha festa coñecida como Folligal ou Fiestiguai. Fundamentalmente trátase dun acto onde por unhas horas non silban as navallas polo aire, senón que van un pouco máis baixas. Ofrecemos unha pequecha guía para guiarnos ben pola historia esta:
  • pódese beber que hoxe non censuran
  • se eres gai-les, no folligal, non estás mal visto, logo xa veremos.
  • está ben tirarse polo chan
  • falar con todo o mundo e facer como se foras moi colega, inda que a navalla silbe baixa.
  • hai que levar algún autocolante, pegata, vamos, cantas máis mellor se eres novo, senón cunha abonda.
  • hai que comer churrasco, beber viño e comer polvo e polbo.
  • non mirar mal a algún cavernícola que baixa da montaña con barbas tipo mini. non rirse do seu peugeot 505 do ano 82. non rirse dos pantalóns vermellos que leva do ano 79.
  • marca as distancias: ponte guapo/a con un toque pijo inda que elegante e discreto, así todo o mundo pensará que eres da élite.
  • os nenos. os nenos son un problema. escoitadeos a ver en qué lingoa falan e daravos unha idea do nível de esquizofrenia dos seus proxenitores.
  • ínflate a licor café.
  • varía o acento: se falas coa guais e con algo de cargo, ou coa élite (pinta de) borra ese acento de pailaroco e pon acento de lugo-cidade, esquece o e e o o pechados. se falas con tipos da terra, cavernícolas, machos da upg e tal: pon acento así de máis da aldea, gañarás enteiros.
  • refírete á Región Gallega como país (ver facendo país I e II).
  • algunha consigna: os medios de comunicación continúan a maltratarnos, está de moda criticar ao beenegé, a capacidade de maniobra é moi limitada, etc e en xeral, calquera lugar común que se poida ocurrir.
  • se aspiras a algún cargo, non te quedes aos concertos: en realidade fannos para ver quén se divirte e así eliminalo dalgunha posibel responsabilidade.
  • non fagas brincadeiras do tipo: " en realidade viñen aquí porque o PSOE encargoume un informe". non as pillan e mentas o diaño, mal roliño.
  • o café, con gotas.
  • etc.
admítense suxestións e suxerencias.
CRI (Centro Regional de Inteligencia).

24.7.06

SuperaFavor dos Incendios


Si. Alguén tiña que decilo. E fumos Vox: o Movemento incendiario SuperaFavordeTodo (SUFATO), que por certo xa conta con merchandaising propio, lóxicamente é un movemento Incendiario, polo tanto estamos SuperaFavor dos Incendios. En realidade se hai tantos incendios (en SuFaTo cremos que son poucos) é porque nos molan, sentímonos ben con eles, excítannos, é algo telúrico, superior a nos (tradizonal) esa morriña a eucalipto queimado. No fondo é un acto punk-volucionario: que nos din que temos que producir, pois non, non producimos, queimamos, que nos din que se perde a cor verde, e qué? a nos mólanos o negro, o gris, cores discretas e elegantes, para rollo verde xa está a nación Irlandesa e todo iso. Por outra banda, poñemos peña a controlar a historia, é algo así como un servicio de modulación, polo tanto as campañas anti-incendios en realidade son un pran de emprego moi eficaz para o que aún por riba dannos pelas de Europa e por ahí. Todos contentos.
Por certo fixádevos se é un rollo cultural que en inverno, cando hai menos incendios, pois montamos ás primeiras de cambio, queimadas; xa, non é o mesmo, pero aplaca a nosa morriña telúrica e ardente. Incluso llo vendemos aos turistas e facemos así como un conxuro e tal para que se pensen que vai de rollo celta e ancestral.
O peor de todo son os expertos e os sociólogos e peña disa que non se entera de nada, vamos, os xilipoulas, que veña a dar explicacións de porque arde todo....
NON ARDE!! PAILÁNS!! QUEIMAMOS!.
O Comité Inseminario de Incendios e Repobracións (CIIR) recomenda o disfrute sen moderación.
CIIR

19.7.06

Premio Inseminario ao Top Aburrimento + Top Dejá vu

se alguén se lle ocurre alo máis aburrido e tópico que:
  • un/ha galego/a falando sobre incendios na Galiza en verán
  • un/ha artiguista galego/a nunha columna de opinión queixándose dos incendios na Región Gallega en verán (serve igual a prensa chachi como Vieiros ou a chunga como LaVozdePaliza)
  • opinións sobre o mal que están os incendios na Región Gallega en verán
  • un bló dun/ha galego/a que fala sobre incendios na Región Gallega en verán
  • xornalistas de medios da Nación Española que veñen a facer reportaxes sobre incendios na Región Gallega en verán
  • políticos/as falando sobre incendios en Galicia en verán
  • cidadáns falando sobre incendios en Galicia en verán
  • ecoloxistas falando sobre incendios en Galicia en verán
  • madereiros falando sobre incendios en Galicia en verán
  • expertos falando sobre incendios en Galicia en verán
  • profesores/as falando sobre incendios en Galicia en verán
  • enxeñeiros de monte rebuznando sobre incendios en Galicia en verán
  • alcaldes horneando sobre incendios no seu Concello Gallego en verán
  • peña seria que di que perdemos un gran potencial cos incendios na Gallaecia en verán.
  • peña que di que os lumes apáganse no inverno en Galicia no verán
  • peña que emprega a verba limpar cando ve un incendio en Galicia no verán
  • peña que emprega a verba valorizar e derivadas en Galicia no verán
  • verbas tales como lacra, plaga, vaga, catástrofe, desastre aplicadas aos incendios na Región Gallega no verán (a nosa favorita é lacra).
  • ....
por favor, que nolo diga (non o intentedes co Statut). se non atopamos nada pior comezaremos a campaña de destrucción masiva de lugares comúns.
Dr. Pyros

17.7.06

LENGUAS MINORIZADAS

Desde Inseminario queremos manifestar nuestra estrañeza por las reiteradas campañas de los fascistas españoles (El Mundo, La Cope, P.P.) contra la inmersión lingüística en los Paissos Catalanes. ¿Dónde cojones está el problema con que los ciudadanos españoles aprendan además el catalán?. Pero si el catalán es casi igual que el castellano, una lengua mogollón de fácil que puede hablar cualquier gilipollas!!. Hombre, valer no vale para mucho, pero tampoco cuesta tanto, o sea que lo comido por lo servido.

Otra cosa es el euskera, que es jodidísimo, además de superinútil. Ahí sí que nos encontramos con una irracionalidad estúpida. En vez de derrochar la pasta en mantener un fósil moribundo, haría bien el gobierno vasco (independiente o confederado o como les salga de los cojones) en destinar el dinero a proyectos sociales o de I+D+I. ¿O es que no tienen pobres?.

Por supuesto estas reflexiones no afectan al gallego, idioma internacional hablado por más de 200 millones de personas, no una paranoia microidentitaria como los dos anteriores.

Sabino Jarana

15.7.06

SuperAFavor de Quads e motos acuáticas!!

o noso entusiasmo polo motor non ten límites. estamos a profundizar no noso profundo amor e devoción polos quads e motos de auga. encántannos: vas ao monte e sempre aparece un quad fantástico co seu ruido, o seu rollo erosionante, ese consumo de petróleo gratuito e cando van polas dunas! eso xa é unha especie de extase místico que nos entra. e qué poderíamos dicir das motos de auga, toda praia que se preze debería ter 39 ou 54 por hectárea co seu armonioso desprazamento sobre a auga cal arroás motorizado.
sen dúbida ningunha estamos SuperAFavor de quads e motos de auga.
sen dúbida constitúen uns brancos móbiles perfectos. oe, que estás na praia tras a duna tranquilamente durmindo a sesta, fantástico porque 4 km antes de que pases xa a escoitas así que dache tempo a armar con calma o kalasnikoff, poñerlle a munición explosiva especial para cochos, poñerte a gorra para que o sol non te deslumbre, apuntas e plaff, o quad polos aires e o xilipoulas que o conduce fragmentado en miles de anaquiños. que vas polo monte, o mesmo, oes o quad e dache tempo a tender un cable cortante a altura do pescozo, sentas e podes tranquilamente observar como o xilipoulas é degolado, incluso podes grabalo coa cámara do móbil e colgalo en youtube. o das motos de auga ten o seu aquel, porque estar na praia é un pouco aburrido logo de xogar ás palas, observar cús e tetas, bañarse e tal non hai moito que facer, así que o de afinar puntería dende a area é fantástico, o bazoka de 34 mm é perfecto. en ocasións o xilipoulas que conduce a moto acuática leva detras unha xilipoulas: acertar da mogollón de points canxeables por alimento cárnico para iguanas.
curiosamente, Inseminario ten que reprender ao Xénero Fiminino: resulta que ainda falta por ver a primeira muller conducindo un quad ou unha moto acuática. a qué estades agardando?
igualmente queremos destacar o seguinte: todos os varóns que conducen un quad ou unha moto de auga teñen cara do que son: auténticos xilipoulas completamente estúpidos. SuperAFavor da sinceridade. non faltaba menos.
Xack, o Deturpador

14.7.06

turismo rural

o turismo rural na Región Gallega é ir a unha aldea que non é a tua.
O Doutor Spin

12.7.06

"Queremos saber toda la verdad"

o Expresidente da Nación Española, José Mª Aznar, opina que a Nación India minte: todo o mundo sabe que os atentados de Bombay son obra de ETA, polo tanto habería que deter todos os procesos de paz e continuar en guerra.
ANIMAL (Axencia de Novas Inseminaria Malvada, Antisocial e Lurpia)

6.7.06

Región Gallega: unha nazón de poñedores



Un equipo de deseñadores chinés lanza unha liña de roupa para polos. Nin vestir as nosas galiñas sabemos, para aínda por riba lle regalar os cartos a catro espabilados. Está claro que o final tiña que pasar, con tanta inversión e subvención pública na eólica e a acuicultura insostible deixamos de ser competitivos no que realmente sabemos facer. En fin, os galegos seguimos sendo Poñedores en lugar de Deseñadores.
Así, é normal que a Región Gallega estea á cola en I+D+i. Indignados estamos, pero non máis que os do Comité Galiño-Galaico que suxiren ós amantes dos polos que se absteñan de ver a esta páxina (vexetarianos e peña así, como sensible, que non a mire).

Informa: Nonhaigüevos

3.7.06

problema resolto: o tamaño importa

Anxo Quintana dixo: Temos feito e decidido en nove meses máis que Fraga en nove anos.
polo tanto para este chispeante Sr. Vicepresinte facer máis é o que importa en detrimento do facer ben. en Inseminario tiñamos dúbidas ao respecto, agora xa temos claro que estamos SuperAFavor da cantidade, xa o decía o refrán: ante la duda, la más tetuda. agardamos esperanzados que este punto sexa recollido no novo Estatut: o estatut da región coa cidade-vieira máis grande do mundo.
Axencia Inseminaria de Pesos e Medidas