INSEMINARIO

a punk attitude

30.8.08

Formulario de problemática gallega (guía rápida)

Opción 1 (simple):
O problema de Galiza é _______
Opción 2 (complexa):
O problema do ________ en Galiza é ________

Instruccións:
Encher os ocos.
Exemplos: 1, 2, 3, 4, 5, .... inda que para comezar recomendamos os sempre exitoso: " o problema de Galiza é estructural".

28.8.08

Violencia machista 3

Outro xeito de violencia machista que nos entusiasma é a depilación, en todas as súas formas, particularmente estamos SuperAFavor do Waxing pain e do Brazilian Waxing. Tamén é voluntaria e tamén hai que pagar xeralmente ou molestarse en auto-exercela.
De novo hai que solventar as cabronadas con que a natureza dota ás mulleres: pelos por doquier e onde non fan falla ningunha. A natureza é unha porcallada.
Ademais hai que engadir que se atendemos ao número de trebellos existentes para tal menester e o número de empresas especializadas, este tipo de violencia machista xera un considerable número de postos de traballo e da moito xogo económico, así que como Regionalistas Gallegos temos que estar, se cabe, ainda máis SuperAProl e de feito deberamos convertir a Región Gallega nunha grande referencia da depilación mundial.
Qué grande é a Violencia!
Jonh Wax

20.8.08

Violencia machista 2


Como diciamos, existen moitos xeitos de violencia machista.
Este tamén é voluntario, legal, exércese comunmente despois dos 18 e inda por riba a vítima paga xeralmente un pastizal, ainda máis, moito máis. Adopta diversas formas: tetas de silicona, reducción de barriga, eliminación de celulitis, estrías, etc, en definitiva, todo aquelo do que a natureza nos dota de xeito natural. A natureza é unha cabronada, así que ao igual que o resto da sociedade, estamos SuperAProl deste tipo de violencia machista.
Dr. M. Forro

11.8.08

Violencia machista


Existen moitos xeitos de violencia machista.
Este é voluntario, legal, exércese comunmente despois dos 15 e inda por riba a vítima paga xeralmente un pastizal.
Ao igual que o resto da sociedade, estamos SuperAProl deste tipo de violencia machista.
Prometemos máis.

José Blanco Macho

8.8.08

Blandi-Blup

O Blandi-Blup é un xogo mol, de cores, é divertido e entretido pero só un pouco, non sabes moi ben para qué serve, nen sabe un moi ben qué maxinar del cando o tes na man, é dicir parece que vai estar ben, pero logo da pouco xogo. Ao principio está limpiño, logo, tras manosealo vaise poñendo cada vez máis porco. Pódelo gardar no bote, esquecelo e logo volver a el que só estará un pouco máis reseco. O Blandi-Blup é como o PSOE.

4.8.08

Saudades do Nordés

Temos saudades. Si, temos que confesar que temos saudades. Botamos de menos o cheiro a eucalipto queimado, o cheiro a piñeiro queimado, o fume abafante, os helicópteros, hidroavións, camións antiincendios, as teorías sobre terrorismos domésticos e sofisticados complots montunos, as declaracións matizadas a machado, a prensa galega marela gallega (valgan as redundancias), a socioloxía esotérica, a política paranormal, os xornalistas copy-paste (ctrl c - ctrl v) ...
E é que un verán sen lume non é verán, e iso por non falar da de postos de traballo que crea (o único, o importante). Por iso declarámonos SuperAFavor do vento do Nordés. Por favor chega canto antes!! só diste xeito se nos pasará esta insana saudade que nos roe por dentro.

"Nordés" Asociación Gallega polo Nordés e 666 sinaturas máis.