INSEMINARIO

a punk attitude

30.4.06

Región Gallega

demasiado común para ser exótica
demasiado exótica para ser común
Mesías Meinhof

29.4.06

a ver se nos entendemos

hai quen dí por ahí que Inseminario é un rollo con retranca. nada máis lonxe da realidade: imos completamente en serio.
Dr. Osmond (fryday night)

27.4.06

Requiem pola Va-Ca

Lástima de boys!. Agora que opá yoviazé un corrá, resulta que as va-cas se nos botan ao monte... Inseminario ben que sinte o deceso deses bravíos subcomediantes con quen nós partillabamos a mesma fe no leite e as mesmas arelas anticoloniais. Esta visto que con tibiezas nacionatas non se chega a nengures: por iso a nosa posición é moito máis radical, por iso afirmamos a expansión dunha Región Gallega que trascenda o (importado) imaxinario nacional. Desde o Bedelato da Región Gallega cremos na resurrección dos mortos, e cremos que propagarse é posíbel, e por iso abrimos as nosas comportas aos falecidos sexa cal sexa a forma na que se reencarnen.

Gora a Va-Ca!!
Abaixo a Xeración Nós!!
Visca el Bedelato Regional Gallego!!

Dottore Mignoca, in memoriam

26.4.06

Galicia Calidade!

logo de séculos de debates filosóficos sobre o famoso tema sobre se todo cambia e nada permanece ou todo permanece e nada cambia:
a colectividá Inseminaria temos a solución!! : acreditamos que, polo menos na Región Gallega, todo permanece e nada, de nada en absoluto, cambia. máis información aquí!
Mesías Meinhof (inusualmente satisfeito)

pensar en clave (dalgún) país

continuando coa nosa lexendaria loita SuperaFavor do pensamento sintético, do pensamento feble, ocurrencias-forza, refráns e demáis cachivachada político-mediática, a colectividá Inseminaria, quere manifestar o seu rotundo apoio a 'pensar en clave de país'.
agora ben, dado que os máximos valedores da idea, líanse eles só nas redes do capitalismo e tragan os anzós da estulticia máis boba, a colectividade Inseminaria suxire que a partires de agora 'pensar en clave de país' vaia acompañado dunha especificación sobre o país en concreto no que se está a pensar. ou se cadra a clave é 'pensar en clave dalgún país', neste caso do país Madrí.
Mesías Meinhof (will strike again)

21.4.06

modulación do turismo (2)

"ej que galicia es la leche. mira que en el último puente de mayo nos fuimos yo, mi mujer y los críos a la aldea de mi padre. una aldea de mierda en el culo del mundo, aunque ahora le han mejorado mucho las carreteras, fíjate que sales de madrí a las 7 de la mañana y ya ejtás allí pa tomar el vermú. lo bueno ej que ej todo tan barato y lo bien que se come. el primo de mi padre cada vez que vamos nos trata de puta madre: nos quedamos en su casa, comemos allí y cuando nos marchamos el maletero lleno, chico!: chorizo, lacón, miel, quesos, navizas desas que comen por allí -a mi mujer le dan ajco así que las tiramos en la cuneta por ahí- ah! y laj patatas esas, de puta madre. total por el precio de la gasolina y por invitar a los parientes a un churrajco desos. otro día me fui con la parienta a comer una marijcada: fijate que comimos mejillones, percebes y un buey así de grande todo por 18 euroj. a mi mujer le sentó mal el vino, vomitó y a mi me salió un sarpullido. y los críos! que bien lo pasan, por allí libres corriendo, cazan lagartijas y ranas. ej allí no hay droga. se aburren un poco pero en el fondo lo pasan bien. tienej que ir, tío. ej de puta madre".
como a Región Gallega vai ser independente xa mesmo: visado familiar, 2344 euros. día de estancia en casa de parientes gilipollas: 345 euros/día. Comida en casa de parientes: 255 euros. ofender a memoria dos teu: 10.500 euros. comida arrapiñada: 98 euros por chourizo, 159 euros por queixo, 699 euros por lacón, por tirar as navizas: 6933 euros. patata: 49 euros/unidade. "marijcada": 1453 euros. vomitar a marijcada: 399 euros. matar lagartixas e rás: pena capital previa tortura (retrasmisión en directo pola televisión regional gallega (TRG)) con conexións para a CNN, etc etc
REGIÓN GALLEGA: independencia XA!
SuperaFavor dos parientes Gallegos!
Dr. Osmond

17.4.06

os nosos indiscutibéis líderes


elas saben porqué

Dr. Osmond

modulación do turismo (1)

a Región Gallega caracterízase por posuír unha gran cantidade de recursos naturais completamente inexplotados polos habitantes regionais pero sobreexplotados polos visitantes, particularmente da nación española.
neste caso ímonos centrar nas ondas. a onda é un movemento singular co que o cantábrico e mais o atlántico (onde todo permanece e nada flúe) bendícennos. así poñamos por caso un habitante da capital da nación española ven para aquí en vacacións, coa sua furgoneta (chea de latas de cervexa, fabada, etc), as súas táboas de surf. aparcan sobre as dunas, acampan e veña a coller ondiñas. pero isto qué é? a nosa proposta é:
  1. 1 euro por cada onda
  2. 39 euros por cada onda collida con xeito
  3. non se pode aparcar nas dunas senón en aparcamentos regionales (12 euros/hora)
  4. non se pode acampar por aí adiante: todos os surfistas aloxaranse nos servizos hosteleiros da Región (mínimo 59 euros /noite)
  5. non se poden traer latas de ningún tipo (todos comerán tres veces ao día a unha media de 35 euros por comida e beberán cervexa rexional en garitos especialmente habilitados para este tipo de visitante, supervisados por Sanidade)
  6. no caso de facer xestos coa man en plan guai cada vez que collan unha onda deberán abonar 98 euros de plus.

no caso de non cumprirse algunha destas condicións, os corpos e forzas de seguridade da Región Gallega están obrigados a disparar sen preguntar tras exercer a violencia física e psicolóxica.

ou e que a ti danche todo gratis cando vas a madrí?
Mesías Meinhof

Grandes males que acechan á humanidade

Dos grandes males que acechan á humanidade, sen dúbida o maior de todos é a piratería musical. Si amigos/as, a trata de mulleres, a perda de biodiversidade, a desertización, o efecto invernadoiro, a pobreza, etc, quedan relegados a un segundo plano ante tamaño perigo. Afortunadamente as forzas vivas da nosa sociedade se teñen conxurado en guerra santa contra esta pandemia da era dixital. Entre o exército redentor combaten dende David Bustamante á Ministra de Cultura e, segundo publica a voz de Galicia (17 de abril de 2006) o Seprona.
Efectivamente o mal é tan grande que o Seprona se viu obligado a abandonar labores menores (caralladas, vamos) como a protección da natureza -que segundo reza na súa web é o seu cometido fundamental- para involucrase na cruzada. ¡Viva!.
Afortunadamente a súa laboura tivo éxito e unha perigosa activista sengalesa de 23 anos puido ser neutralizada e a dañina mercadoría desactivada. Fíxense o tamaño do mal que entre o material incautado incluso se atopou o CD de Fran Perea (que como se sabe é un arma de destrución cerebral masiva).
Esta brillante operación non é, por suposto, froito da improvisación, xa que o Seprona tiña sospeitas da venda de produtos pirateados no feirón da vila. Para que logo digan que os servizos de intelixencia non funcionan.
Respiramos aliviados.
¡Muerte a la piratería!¡Viva España!

Elena Genado

10.4.06

Super a favor do bottox

Inseminario quere manifestarse super a favor do bottox, sen dúbida a tecnoloxía do futuro. Estamos super a favor de poñer bottox na cara para eleminar as arrugas e outros efectos tan desagradables do paso do tempo. Estamos super a favor de poñelo nas axilas para evitar a sudoración en eventos sociais (que xa se sabe que a seda...). Estamos super a favor de que modelos de 20 anos se poñan bottox en sesións fotográficas, para evitar pasar traballo de maquillaxe. E xa postos estamos super a favor de que no lo poñan a todos no cú, para que non nos doa tanto cando nos den por...
Esta última xeralización (a democratización do bottox -anal-), será sen dúbida a tecnoloxía revolucionaria na era da globalización, con ela o contrato primeiro emprego nunca tería fracasado en Francia.
A antiglobalización it´s dead, jóvenes para siempre con un contrato de mierda.
O Piloto.

Cambio de Réxime

Xa o temos. O obxectivo visionario dos regionalistas gallegos de facerse co control do planeta está cada día máis perto. A partir de hoxe, a Región Gallega adopta un novo réxime de governo:

O BEDELATO

A estratexia é simple e 100% gallega. Mandamos uns bedeles á sede central da ONU. Eses pioneiros conseguen meter á familia nos servizos de limpeza. Os xenerosos salarios de Nova Iorque permiten darlle unha educación aos fillos. De noite os despachos son nosos: temos os temarios das oposicións, temos as preguntas. Os fillos, xa estudiados, pasan a ocupar os cargos intermedios. E isto é só o comezo... ¿atrevédesvos a albiscar o futuro?.

O que nen sequer soñou a Xeración Nós, Inseminario soubo facelo realidade.


EL CREADOR

Super a Favor de Bono

"todos juntos, los españoles somos más que separados". tan imponente frase pronunciada polo xa ex-ministro de defensa da Nación Española provoca que reunido o colectivo Inseminario en comité especial, declarémonos Super a Favor de d. josé bono.
con todo, compre dicir que dubidamos: son máis cualitativamente ou cuantitativamente? é dicir se xuntamos dous españois, o resultado son 3 españois ou simplemente seguen a ser dous españois pero cun grado de españolidade (españolismo ou españolitude) superior? por outra banda, tamén nos preguntamos se o número importa? é significativamente mellor ser máis ou menos? importa o tamaño? importa a calidade? ou quizáis todo é unha ecuación de múltiples variabeis?
por todo elo, por xerar tanta confusión nunha sóa frase, estamos Super a Favor de d. josé bono.
Mesías Meinhof

7.4.06

Feísmo: o jazz da arquitectura

o colectivo Inseminario está a Super a Favor do Feísmo. así de claro.
o feísmo non é unha deformación do espíritu cultural da Región Gallega, simplemente é un dos cumios das señas de identidade da Región Gallega, é o noso auténtico feito diferencial Gallego.
ónde, senón aquí, pódemos observar esas construccións con bloque e uralita, cemento, ladrillo, pedra, etc nunha auténtica fusión de sabores, texturas, olores...??? ónde, senón aquí podemos apreciar esa creatividade sublime? esa capacidade make yourself, ecolóxica e vangardista? esa capacidade de acollemento multicultural de tendencias de todas as culturas do planeta? Inseminario declara que os arquitectos en realidade o que promoven é que se lles contrate. para qué queremos arquitectos? para que nos saquen os cartos e nos fagan edificios standard, ñoños e aburridos, lisos e fríos? non, non, a Régión Gallega é autosuficiente.
que saímos mal nas postais turísticas? que se fodan. a ver, por qué carallo ten que axustarse a Región Gallega ao que pensen dela? non é máis sensato e demócrata que os demáis axusten á súa visión a nosa auténtica realidade artística e paisaxística, a nosa expresividade como entidade Reginal orgullosa de sí mesma? se queren postais e estampas que marchen todos para a nación Bretona.
e por outra banda, como moi ben apunta o ilustre camarada Inseminario O Piloto, por qué sempre que se fala de feísmo castígase ao rural? acaso a Cidade da Cultura non é un monumento ao feísmo? acaso A Coruña non é unha cidade/feísmo en sí mesma? acaso non é Vigo un parque temático do feísmo?
xa está ben!
o Colectivo Inseminario non aspira a ser comprendido por todos, apenas, polas élites intelectuais e as vangardas artísticas que realmente o sexan. así que se non entendes que o Feísmo é á arquitectura o mesmo que o jazz á música, fodedevos.
Dr. Osmond

6.4.06

Los güais antisistema

Hai güais que se pasan a vida predicando a verdade, horrorizados pola obscena mediocridade da xente (que non lle acaban de recoñecer a sua brillantez), censurando aos putos reformistas en tanto que vendidos ao sistema. Logo reciben unha abondosa subvención e... voilá, algo cambia, fanse máis sensatos e ponderados.

Hai güais que nunca suavizarían os seus sagrados princípios para axudar a un colega, pero que non teñen reparo en aparcalos por un carguiño e a conseguinte remuneración.

Hai güais que enchen de merda as paredes para cuspir unha batería de tópicos detrás dos cales non hai ningunha forma de pensamento e proposta, senón tan só puro pavoneo de machitos.

Uns e outros lévannos abroncando toda a puta vida, cheos de razón, inflamados polo seu elitismo noxento, polo seu narcisismo apestoso e infantíl.

Que lles den ben polo cú, e que o sufran.


Pipo Calzaslargas

Collendo o relevo

Logo de setenta anos de despotismo iletrado,
agora resulta que os Chévere son a cultura oficial.

P.D.1: Dime cuan libertario presumes ser, y te diré cuánto añoras ser el chichi de las instituciones.
P.D.2: Para cando unha ampliación da NASA? (a todo meter).

LUCAS RUMANESCU

5.4.06

A prol da multiculturalidade e dos valores universais de Nacións Unidas

Región Gallega (R.G.) quere manifestar o seu aliñamento incondicional cos valores que propugna a ONU, máis en particular con aqueles que remiten á convivencia intercultural e a mestizaxe como via de enriquecimento mútuo e superación de estereotipos racistas ou xenófobos.

En coerencia con esta premisa, a vangarda da Región, é dicer Inseminario, propón unha iniciativa innovadora de intercambio e achegamento cultural entre o noso país e o resto do mundo, segundo a cal a partir de agora abriremos as portas gallegas a un montón de chavalas de toda raza e nacionalidade, e a cambio deportaremos a todo canto ghilipollas temos por conregionales (xilipoulas, en terminoloxía R.G.). A enorme porcentaxe de povoación xilipoulas que habita na Región (novo indicador: "densidade de xilipoulas") é unha garantía de que os intercambios chegarán a ser masivos, representando así unha auténtica experiencia piloto a escala planetaria.

A proposta inaugurouse recentemente coa primeira deportación dun xilipoulas con gomina, para máis señas correlixionario de certa xente de Marbella. Concretamente enviámolo ao Vaticano.

A segunda foi ralentizada por causa do foro dos deputados, que entorpece a operación. Haberá que esperar ás próximas eleccións xerais, cando o regionalismo radical absorbamos o voto do nacionalismo ganhego. Entón será o momento.

Johnatan Pinheiral

as nosas indiscutibles lideres


visión e actitude punk. sen dúbida a mellor escola que tivemos. un espello no que mirarse. o noso recoñecemento e a nosa fonda gratitude.
algunha consigna-forza:
viva el mal, viva el capital!!!
tu solo no puedes, con amigos, si!!
comité inseminario de liderazgo e satrapía

4.4.06

España: unha potencia mundial de deportes insostibles

O Observatorio Inseminario Mundial da Región Gallega (OIMRGA) ven de descubir que a región española só acada a máxima excelencia deportiva en deportes que sexan completamente insostibles e consuman gran cantidade de recursos, en particular auga e enerxía. Así os deportistas españois máis triunfadores o son, sobre todo, en choios nos que haxa que queimar moita gasofa: en Formula 1 (e categorías inferiores), Rallies (campionato mundial, Paris-Dakar, etc), motos (Trial, moto gp, etc). Obviamente, trátase dos deportes que máis contribuen ao efecto invermadeiro e á destrucción da capa de ozono.
Tamén destacan en actividades nos que se consuma auga ao bestia: o golf.
¿Hai deportes que atenten contra a biodivesidade?. Pois si, sen dúbida os que máis, a caza e a pesca, de notable popularidade entre os indíxenas da región española.
Nalgúns casos as especificidades regionais se plasman en curiosos deportes que tamén se basean na agresión medioambiental, así os habitantes da región vasca practican a tala de árbores.
En consecuencia, concluimos que debe ser abolido o sistema de Centros de Alto Rendemento, que vale un pastón e os deportistas españois acaban perdendo igual. Para unha política deportiva española de éxito basta focalizarse en actividades deportiva que sexan perfectamente insostibles, neste contexto o deportista español é un gañador nato, un triunfador implacable.
Nota: obsérvese que estos deportes non requiren doping, por que se é necesario contar con tecnoloxía propia, entón si que o deportista español está perdidiño.
O Piloto

1.4.06

o auténtico Sexo Gallego

"existe un auténtico sexo da Región Gallega?"
tras realizar unha investigación Inseminaria chegamos a algunhas conclusións:
a resposta é rotunda, existe!. o auténtido sexo gallego ten algunhas peculiariedades que o afasta do sexo doutras regións e nacións. o cumio do sexo gallego é " non me fodas no camiño que non son unha cadela, bates cos collós no chan e énchesme a cona de terra". en realidade é toda unha provoación SUperaFavor porque claramente estase indicando con ese tan Gallego 'non pero si' que o auténtico Sexo Gallego desevolvese no camiño (esto é así antes de Kerouac), o home bate cos collós no chan e efectivamente enche a cona de terra: o sexo gallego é suxo. moito.
lugar: o auténtico sexo Gallego desenvolvese en plenitude en dous lugares míticos. non é a cama propia ou allea, non é o asento de atrás dalgún coche aparcado nos eucaliptos, non... os lugares idóneos son o muíño e o palleiro.
natalidade. como o sexo Gallego auténtico está completamente deturpado, a Región Gallega padece a natalidade máis baixa do planeta: todos os camiños están asfaltados pola Xunta e polo tanto non hai terra coa que encher conas e tampouco hai muíños nen palleiros dispoñíbeis para a poboación.
directiva inseminaria: por elo, o Colectivo Inseminario, sempre na percura da felicidade, a calidade de vida, etc da Región Gallega dictamina que todos os camiños volvanse encher de terra e que se creen muíños e palleiros ad hoc por doquier situados estatéxicamente. con estas sinxelas medidas o noso nível de felicidade incrementarase e recuperase espectacularmente a natalidade.
si, era fácil, pero fumos Vox os que tivemos que dicilo.
Mesías Meinhof

autobombo