INSEMINARIO

a punk attitude

30.8.06

definicións

xa o temos!!
nin nación de breogán, nin nacionalidade histórica
NACIONALIDADE HISTÉRICA!
the Bitch

22.8.06

a Trama incendiaria vaise aclarando

detido un home de 79 anos no concello de Agolada por provocar, cómo mínimo 39 incendios, que se saiba. a trama vaise aclarando.
feitas as oportunas comprobacións sábese que este ancián de 79 anos tiña en realidade 37. naceu en 1969 e dende pequeno destacou polo seu dominio das artes marciales e as técnicas de supervivencia nas condicións máis extremas (Agolada é o que ten), igualmente foi de destacar dende a tenra infancia o seu dominio dos idiomas, xa dende o primeiro ano de vida era perfectamente bilingue. pérdeselle a pista durante uns anos inda que se sabe que ingresa no servicio secreto británico MI5 onde é entrenado no uso de armas e explosivos, técnicas de camuflaxe, infiltración, guerrilla táctica, loita corpo a corpo, resistencia á tortura, etc etc. dende alí infiltrase nos países do leste para desmantelar o sistema comunista xa nos anos oitenta.
reaparece como instructor xefe de intelixencia e manexo de sofisticadas armas no Mosad Israelí. posteriormente é fichado por unha axencia norteamericana semilegal e controlada directamente polo Secretario de Estado, dende onde se infiltra nos servicios segredos irakís e provoca a primeira guerra do Golfo ao convencer a Sadam Husseim de invadir Kuwait e así darlle a oportunidade aos USA de tomar posicións estratéxicas en Oriente Próximo.
vincúlase igualmente co desmantelamento de organizacións de narcotráfico en Colombia. o seu pasado sempre tivo puntos escuros: sábese que estivo a soldo de Gadaffi e que se infiltrou na guerrilla chechena para, pouco a pouco, cargarse aos seus líderes: moi celebrado foi cando lle logrou colocar un chip de localización GPS na punta da pirola a un lider checheno ao que se lle disparou un misil dende un satélite espía kazajo. esto foi posible porque este axente é un experto en disfraces e fíxose pasar por Uma Thurman polo que seduxo ao lider checheno, atribúeselle un coñecemento superior en camuflaxe ao mesmo Mortadelo da TIA española. tamén é moi celebrada a sua gran destreza: fuxío de Rwanda montando un hidroavión con dous clips azuis, unha batidora e dous condóns.
o seu coqueteo co mal sempre estivo aí: asesorou en guerrilla rururbana a grupos terroristas como o IRA irlandés. as súas vinculacións co 11S non acaban de estar claras: sospeitase que en realidade foi el o que estrelou os avións contra as Twin Towers de N.Y. curiosamente foi o estadista Aznar o que veladamente aludiu a el na sua comparecencia parlamentaria sobre o 11M (o autor intelectual non se esconde en lonxanas montañas) polo que podería ter estado ao soldo do PSOE para o cambio de Goberno na Nación Española.
agora reaparece na Región Gallega como axente na Conspiración Incendiaria inda que non sabemos a soldo de quen está. parece ser que coincidiu en 1992 nun club de ambiente con Antón Losada polo que o BNG podería estar detrás da trama para botarlle a culpa ao PP e así gañar posicións electorais.
non se deixen engañar pola sua apariencia de anciano desnortado: en realidade fíxose unha operación en corporación dermoestética para camuflarse tras esa apariencia fráxil e desamparada. 500 policías de élite custódianno.
por fin, finalmente, todo se aclara.
I+ (Axencia Inseminaria de Contraintelixencia Gallega)

20.8.06

Conto de verán

E cando Touriño despertou
o lume ainda estaba alí.

C.L.

Pasatempos

Adivine cal dos seguintes elementos sobra nesta relación:

Nicola Maquiavelo, Joseph Goebbels, Rasputín, Margaret Tatcher, Antón Losada, Augusto Pinochet, Ratoncito Pérez, Donald Rumsfeld, Ángel Acebes.

(resposta: Ratoncito Pérez)

19.8.06

Bloque Neocón Gallego

terrorism
conspiracy
plots
Mafia
hardening of the pains

the New BNG was born and Inseminario was there.
Inseminario supports the New BNG

15.8.06

Quen di que os galegos non son innovadores?

Tópicos sobre o minifundismo, o individualismo e a resistencia ao cambio verquense en todo comentario, columna, artigo ou estudo que se precie á hora de tentar explicar calquera realidade galega. Nada máis lonxe da realidade: o galego é innovador. Para mostra un botón: os narcos galegos.
: Innovar sobre a tradición: o contrabando de sal para as fábricas de salazón crea as primeiras redes de contrabando. Estas transformáse logo en redes de contrabando de tabaco que, posteriormente, mudarían en redes de narcotráfico (Capacidade de adaptación ás condicións do mercado e do entorno).
: Aproveitamento dos recursos naturais: aproveitanse as condicións naturais das rías galegas que facilitan a introdución de mercancías ilegais dada a dificultade para a vixiancia. (Toda industria xurde aproveitando as condicións do entorno).
: Innovacións de proceso: Introdúcense coñecemento incorporado a novas embarcacións, como son as grandes lanchas planeadoras de fibra de vidro, o que induce á incorporación de novos procesos de produción nos asteleiros locais, xerando unha dinámica de diseminación tecnolóxica.
: E un sistema aberto ao mundo: sempre ávidos de novas melloras, procuran ás fontes de innovación alen das fronteiras e pasan das lanchas planeadoras ás embarcacións semirríxidas adquiridas en astaleiros británicos, punteiros neste tipo de embarcacións.
: Capacidade de superación: como último paso até a actualidade introducen o único submarino coñecido na Galiza dende os tempos de Sanjurjo Badía.

O Observatorio Mundial de Galiza Super a Favor de Todo (Movemento SUFATO), quere manifestarse Super a Favor da innovación na Galiza e rexeita os burdos tópicos verquidos co ánimo de desmoralizarnos. Agora solo falta aplicar a innovación a actividades legais e, a ser posible, pacíficas e xa somos unha potenzia.

Movemento SUFATO

14.8.06

QUE VEINTE AÑOS NO EH NADA...

1987: O BNG renuncia á loita armada na Asamblea do Carballiño.
2006 (incéndios): O BNG sitúase na vangarda institucional da loita contra o terrorismo.


Funes, o Memorioso

8.8.06

el Inglés con 9 palabras!! por Ansar.

Ansar, un tipo ben ben divertido e simpático fala inglés con só 9 palabras. Aquí podedes ver o seu método estupendo e, de paso, coñecer de primeira man algún dos seus sonos máis paveros e simpáticos. É longo pero tendes que quedarvos ata o final.
Próximamente o catalán con palabra e media! tamén por Ansar.
Dr. No

3.8.06

Apoio a Isaac Díaz Pardo?

pois VOX, non so non apoiamos a Isaac Díaz Pardo senón que o estamos SuperaFavor dos seus adversarios no consello de administración e a súa xestión e da súa traxectoria nola trae frouxa. xa está ben de gaitas e de lerias. laboratorio de formas? menuda cursilada. aquí somos Regionalistas Radicais e antiñoños. a realidade é confusa e non como pensa este señor e acólitos reaccionarios.
pasa algo?
Isaac Rabín Sineiro

poesía moi Gallega (1)

hoxe o ceo está gris
e lembroume a ti
Anxo Miguel Ferdinanz Antigo