INSEMINARIO

a punk attitude

28.2.06

Super A Favor do Tunning Galego


Existe un tunning galego? contundentemente, a resposta é Si. De feito podemos considerar que hoxe por hoxe a Región Gallega é o lugar con máis Tunning do mundo mundial. Vexamos.
nível 1: Non hai galego bo sen que no seu coche (vehículo, auto ou carro) sexa posta unha pegatina branca coas misteriosas letras GZ.
nível 2: repítese o GZ pero esta vez xa coa pegatina azul pequena a a carón da matrícula.
nível 3: unha pegatina negra cunha banda azul coas verbas NUNCA MAIS en branco. Suponse que denota pertenza tanto á Región como a algún tipo de secta metafísica.
nível 4: miniatura dos típicos zocos da Región Gallega colgados do espello retrovisor.
nível 5: gaita en miniatura colgada do espello retrovisor.
nível 6: símboloxía céltica irlandesa (?) en forma de autocolante (ou carro-colante).
nível 7: gran autocolante coa bandeira da Región Gallega cunha gran estrella vermella no seu centro. Denota pertenza á Región e máis a algún tipo de sindicato ruso do crime des-organizado.
O Colectivo Inseminario amosa o seu apoio absoluto ao Tunning Galego: todos os carros galegos levaran os 7 níveis completos de tal xeito que todos acadarán exactamente a mesma personalización.
Sociedade para o Desenvolvemento do Tunning Galego (SDTG)
baixo a supervisión do Comité Super a Favor da Igualdade (CSFI)

27.2.06

Etiquetosis Múltiple

Iba yo andando por la calle [o sea, mantenía activa mi Función Pedomotriz (F.P.)], y entonces, sin venir a cuento empiezo a sentirme mal [o padezco un Síndrome Inesperado de Malestar Generalizado (SIMG), o detecto en mí una Panpatía Ómnica (P.O.)]. Xoder, me dije [exclamé una Interjección Líbido-Enfática (IL-E)], y por qué coxones estoy yo así? [apliqué una Duda Metódica quizás un poco Retórica (DMqupR)]. Me encuentro con un colega al que quería esquivar y le digo sin ganas "qué tal?" [Socialización Débil meramente Fáctica (SDmF)], y va el tío plasta y me cuenta su vida [Trastorno de la Hiperfilia Social Fuertemente Densa para la Alteridad (THSFDA)].

Entonces me puse peor [Agudización del SIMG, o Agudización del P.O. (ASIMG ó A.P.O.)]. Cagondiós! [comunico una Aserción Herética Autorreflexiva (AHA)].


Jonathan B. Pinheiral da Silva de Sousa Gómes

"Propagarse é posíbel" (2)

No último artigo de Manolo Barreiro en Vieiros, o colega inventa tres etiquetas para referirse a outras tantas etapas de Fraga á fronte da Xunta. A primeira etapa sería a do "conservadurismo dinámico", a segunda sería a do "inmobilismo conservador", e a terceira xa non lembro. O caso é que, neste panorama mundial de decrecimento dos debates tranquilos e ben argumentados, e no entrementres da sua substitución paulatina por eslógans, ideas-forza e demais morralla, os intelectuais contribúen activamente ao novo statu quo propagando máis e máis etiquetiñas, nunha competición desbocada por ver quen se fai cunha cota editorial e co lugar ao sol do suceso mediático. Pura etiqueta sen apenas raíces, envoltorio con contidos débiles. Alianza de Civilizaciones, España en Red, Equidistancia con los Violentos, Buenismo, Capitalismo de Ficción...

E digo eu, non debera Inseminario contribuir a exacerbar todo iso saturando o mercado de conceptos sen significado?. Acaso non fai parte da mesma esencia da SuFaTo (Movimento Incendiário SúperaFavordeTodo)?.

Non só é que é posíbel, senón que é ineludíbel.


Dottore Mignoca

i+d+i ''proxecto facer país''

A Colectividá Inseminaria, visto o grande éxito deso de FACER PAÍS, lanza un proxecto de i+d+i (investigación + desenvolvemento + inseminación) co gallo de adiviñar qué significa exactamente tal concepto, precedentes, consecuencias, derivacións e posibeis aplicacións prácticas con vistas á sua comercialización noutras Rexións do Globo Planetario. Polo momento xa temos algunha achega interesante.
Dr. Kabuto

inseminar-
io
propagarse é posibel.

(movemento antielista SETU??)
*sección SUFATO a prol do egocentrismo planetario.

Quedan prohibidas perralladas tipo:

A xente pensa que
A xente o que quere é
Os españois pensan
traballamos por ti
os homes son así e as mulleres son andando
etc..

Por favor, ante lindezas deste tipo: ¡eiocula!

inseminar-
io
propagarse é posíbel.

Asdo. A Gota De Milikan

25.2.06

formulario de entroido

-bueno, y luego tu, este año, de que te vas disfrazar?

OFI (Oficina de Formularios Inseminarios)

Grupo Armado Buenista 14-M

Hai peña que está en contra do buenismo. Suponse que porque é peña á que lle mola a violencia, meter moita caña, mano dura, unha actitude viril e sen monsergas perante a vida, como hai que ser. Pois nada, aquí estamos o GAB 14-M para satisfacer as suas necesidades: vamos proporcionarlles a sua propia medicina. Que saiban que acabarán todos colgados dun gancho nun tanque de frío, entre becerros abertos en canal. Non se pode ser contemplativos coa peña agresiva, verdadeiro cancro da sociedade. Alguén tiña que dar este paso e sacrificar as súas comodidades polos demais. Fumos nós.

GAB 14-M

24.2.06

Facer País

Pois eu penso que "facer país" debe ser algo así como... todos xuntos, da man, co brillo na mirada de quen outea un horizonte de esperanza. Vamos, un debuxo dos testigos de jeobá.

Ou se non, só se me ocurre isto. Non sei.

Dottore Mignoca

doctorado en nacionalismo de esquerdas (1)

Para ter un doctorado en nacionalismo de esquerdas e estar, así, homologado en calquera circunstancia hai que:
- coñecer de poesía galega. é dicir, hai que coñecer autores e libros, algún verso solto e defender a excelencia de todo. o líder a seguir neste apartado é este individuo.
- non saber nada doutras.
- grisáceo (vestir gris. vivir gris. pensar gris)
- ser aburrido.
- ser ñoño e mojigato
- empregar carpíns brancos sintéticos. tamén no verán. é o cumio.
- ser reaccionario e victimista.
- falar de 'facer país' (Nota: o Colectivo Inseminario está a investigar o significado).
Dr. Kabuto

Protocolo para Reunións dos Auténticos Nacionalistas de Esquerda

1. Xúntanse varios Auténticos Nacionalistas de Esquerda.
2. Falan e falan sobre o tema da lingua, e ao final conclúen que habería que montar unha asociación cultural.
3. Un par deles, os máis motivados, falan con outra xente para reclutala.
4. Consiguen reunir a uns 20.
5. Logo de varias divagacións, e exactamente no terceiro turno de intervencións, propoñen crear unha revista.
6. Dous (que non eran os inicialmente motivados) póñense á frente.
7. Piden unha subvención.
8. Non lla dan.
9. Tras moito esforzo e queime persoal logran sacar 3 números.
10. A revista morre.

Axencia de Calidade de Inseminario, coa inestimable colaboración do Subcomediante R, membro por vez da Axencia de Calidade de Inseminario e do Colectivo Inseminario desde xa mesmo

Sobre un tal Pérez Reverte

Tuven a oportunidade de escoitar ao Javier Pérez Reverte nunha entrevista de Jesús Quintero. Que empaque, que solidez, que bravura de machorro!!. Decía el cachondo del Javier que xa lle amolaba tanto buenismo, tanta bobería meapilas, froito ñoño do humanismo cristiano. Que a vida é loita, risco, confrontación "a cara de perro" pola defensa dos propios valores. Logo mencionou todo o que vivira como corresponsal de guerra (él sí que estuvo en situaciones límite, él sí que tiene cojones, veu decir), e que se estaba a perder o sentido da honra, e que as guerras sirven para purgar e purificar aos povos, e que estaba no ADN da humanidade, y yo qué sé cuántas humoradas más. En fin, batallitas de abuelo.

O caso é que me chamou a atención esa contundente condena ao buenismo, como se estuvese decindo por primeira vez algo nunca antes mencionado, vamos, como se descubrise a Meca. E pensei que para mín, bostezo mediante, o que comeza a ser un novo dejavù é o da crítica airada ao buenismo. E que os vellos, impepinablemente, sempre critiquen a estupidez e blandenguería das novas xeracións. Todo dejavùs. De novo, a Axencia de Calidade de Inseminario, a que se ocupa de crear plantillas, modelos e protocolos sobre todo tipo de reiteracións cansinas, ten traballo por diante.


Dottore Mignoca

Super a favor do Estatuto de Región

Xa está. Xa está decidido. Decidín ter FÉ, moita fé, vou ser un CAMPEÓN DA FÉ. Así, vou crer de xeito total e absoluto no ESTATUTO. Completamente a favor do estatuto. Eso sí, vai ser un ESTATUTO DE REGIÓN. Creo firmemente en que todo vaise solucionar cando a Región Gallega teña o seu estatuto de región. Creo que todos imos ser máis simpáticos, guapos e listos cando esteamos amparados polo estatuto de región. Creo que elas van estar máis cachondas e ser máis complacientes cando o estatuto penetre nas nosas vidas. A Región Gallega florecerá, haberá mellor tempo, seremos máis elegantes co novo estatuto de región, tamén por fin seremos auténticamente ricos, ricos regionales.
É máis, tan superafavor do Estatuto de Región estou que vouno reinvindicar para a miña iguana e por suposto que para todos os meus órganos vitais (inda que algúns xa o teñen).
Lembrade irmáns inseminarios: tende FÉ no ESTATUTO DE REGIÓN. Ninguén sen o seu Estatuto de Región. Non ao estatuto de nación - non ao estatuto de autonomía!!
Estatuto de Región xa!!
Mesías Meinhof

22.2.06

os nosos indiscutibles líderes (2)

Obviamente, falando de líderes, non podía faltar estes dous monstruos do stage e do backstage. Carismáticos e atractivos, sempre dispostos a decir verdades como puños, defender o feble, denunciar o rollo trascendente e bombardear o aburrimento con explosivos de sinceridade, humor, drogas, sexo e rock'n'roll. Sen dúbida dous líderes do Inseminario.

Colectivo Inseminario

18.2.06

Unión de Demócratas Profundos

El caso es que esta juventud no sabe lo que es la auténtica democracia y todo lo que nos ha costado conseguirla (joder!). Siempre por ahí divirtiéndose. Habría que cogerlos y reventarles los huevos a hostias para que aprendieran el auténtico sentido de ser demócrata y de lo que hay que sacrificarse por la democracia.
UDP

Partido de los Demócratas de Verdad

Iba el otro día andando por la calle y no sé cómo, de puta casualidad, voy y me cruzo con un no demócrata... Joder, me entraron unas ganas de la hostia de estallarle el craneo contra la acera. Menos mal que respiré a fondo, me relajé y sólo le metí un tremendo patadón en los güebos. Debía tener al menos 90 años el hijo de puta. Fascistas de mierda!.

PDV

Obsesións e Comportamentos do Auténtico Nacionalista de Esquerdas

1. A lingua: fala moito da lingua, é un tema que o ten en vilo, nun suspiro. Ademais, cando se expresa faino esaxerando o seu ruralismo, preferibelmente con gheada.
2. A UPG: debe ter unha posición clarísima sobre este tema, ou superafavor ou superencontra.
3. España, ou mellor dito, o españolismo. Instancia mítica que artella o imaxinario da comunidade nacionalista. Non se sabe moi ben en que consiste, e iso fai parte do seu suceso: é un concepto flexíbel que serve para un roto e para un descosido e todo o explica. Cada Auténtico Nacionalista de Esquerdas proxecta sobre ese termo os seus próprios medos e complexos.
4. Os nacionalismos catalán e basco: son infalíbeis, nada do que digan ou fagan pode estar en discusión, non se concibe que poidan estar equivocados ou que os seus intereses poidan perxudicar a Galiza.

Colectivo Inseminario

17.2.06

obxectivo


o obxectivo é a confusión.









Mesías Meinhof


foto de chema madoz

14.2.06

diferencias

Un poeta romántico inglés pode palmala de tuberculose ou afogado nun lago.
Un poeta _______ galego pode acartonarse ata acadar a categoría de devanceiro.
Un poeta romántico inglés pode palmala dubidando.
Un poeta _______ galego palmaa, con seguridade.
Un poeta romántico inglés fode con ledicia e desesperación.
Un poeta _______ galego fode.
Un poeta romántico inglés pode ser un esteta.
Un poeta _______ galego demanda da súa esteticién acondicionador capilar.
Un poeta romántico inglés ama mulleres pálidas pero voluptuosas.
Un poeta _______ galego suspira por mulleres voluptuosas con coloretes.
Un poeta romántico inglés aliméntase.
Un poeta _______ galego come churrasco cos dedos.
Un poeta romántico inglés pasea pola campiña.
Un poeta _______ galego mergulla no pasado.
Un poeta romántico inglés corre riscos.
Un poeta _______ galego sona riscos.
Un poeta romántico inglés involúcrase no pobo
Un poeta _______ galego líase na Unión do Pobo.
Un poeta romántico inglés pode chegar a inflarche as pelotas
Un poeta _______ galego pode inflamarche as amígdalas
Un poeta romántico inglés está maldito
Un poeta _______ galego está mal dito.
Un poeta romántico inglés cultiva o mundo
Un poeta _______ galego sacha leiras.
Un poeta romántico inglés está a favor da poesía.
Un poeta _______ galego está a favor.

Jonh Wayne, 2006

13.2.06

os nosos indiscutibles líderes


Sen o menor asomo de dúbida estes dous homes son os líderes ideolóxicos indiscutibles da colectividade Insemiaria de hoxe e de sempre. Eles puxeron os pilares básicos sobre os que se asenta a construcción da Región Gallega.
Claramente Muammar Mastroianni e Marcelo al-Gaddafi son os líderes que todos agardabamos. Un, lóxicamente, pola sua construcción a favor do hedonismo, a indolencia, o desprendimento e o culto aos placeres da vida plasmado no seu coñecido libro La Dolce Vita e o outro pola sua construcción SuFaTista na Región Libia (con claros vínculos culturais, históricos, idiosincráticos e gastronómicos coa florecente Región Gallega) esgrimida con habilidade no filme Verde.
A súa profunda labor punk de admiarable traxectoria en pro da confusión e do hedonismo fannos merecedores da nosa máis fervente admiración.
Colectivo Inseminario

be the first


As veces, ser o primeiro está cheo de vantaxes.
Non obstante, aquí seguimos con 25 anos de Atraso.

Colectivo Inseminario

Insemianario advirte ao vaticano

un comando do Colectivo Inseminario achegouse ata o Vaticano nunha múltiple misión. por unha parte, advertir a este Estado que o seu fin está próximo e o Colectivo Inseminario vai facer todo o posible por que esta agonía sexa o máis punk posible. para elo non hai máis que seguir o movemento SuFaTo: todos a follar sen condón e a ingresar nos seminarios; propoñemos ademáis que non só as mulleres podan ser curas senón que as iguanas tamén teñen dereito.
por outra banda, sentímolo pero paco vázquez vai vir por aquí así que xa estades dando os pasos oportunos para que esta asociación con sede na santa sede abandone definitivamente esas lingoas marxinais e minoritarias coas que non se vai a ningures: referímonos obviamente ao italiano e por suposto ao latín. a partires de agora e ata a hora da vosa agonía final adoptaredes o castellano/español ou o inglés no seu defecto como lingoa oficial.
na foto, membros do Colectivo Inseminario traballando.
Colectivo Inseminario

12.2.06

Deriva de Plantillas

Colectivo Inseminario propón, seguindo os postulados da SuFaTo, un novo avance na economización de todo. Xa que o único existente é o sempre igual, xa que todo se repite nun dejavù incesante, polo menos poderíamos modelizar ese todo en plantillas, de tal forma que nunca máis nos teñamos que cansar en esgrimir os mesmos argumentos ou en escoitar as mesmas réplicas ou en dixerir as mesmas informacións.

Exemplos de plantillas:

Plantilla 1) "Y en la sección de deportes, el Real Madrid...".

Se misturamos o concepto plantilla co outro do Atraso Psicolóxico da Galiza, pódenos sair:

Plantilla 2) "son las seis de la tarde, las cinco en Canarias, veinticinco años menos en la Comunidad Autónoma de Galicia: Noticias".

E se comprendemos que por aquí levamos 25 anos de retraso, resulta que mentres que en España resoan os ecos do novo Estatut catalá, na Galiza (perdón, Región Gallega for ever) estamos a piques de... ¡tachán! sufrir o intento de Golpe de Estado de Tejero. Menos mal que sabemos que vai ir mal. É o bo do Atraso.

Colectivo Inseminario

Cántico Retrospectivo

"Para vir a Xunta a mín,
para vir a Xunta a mín,
ten que vir Touriño,
ten que vir Touriño,
ten que vir Touriño mailo Quin.

Ai, mailo Quin, mailo Quin,
ai mailo Quin, mailo Quin,
ten que vir Touriño,
ten que vir Touriño,
para vir a Xunta a mín"

Dottore Mignoca

7.2.06

a mascota regional gallega ou a abolición das marcas

paseando polas rúas da Región Gallega coa miña mascota unha rapaza de inopinado aspecto achegouseme e no idioma da nación española preguntoume ' qué perro tan bonito, y de qué raza es?'.
confundido respostei: 'non che é can que che é iguana'.
esto, aparentemente inocente non é senón que un sutil acto de racismo e de clasismo: cando un comeza a clasificar ten todas as ferramentas para os seguintes pasos: o da segregación e o da discriminación.
polo tanto, na Región Gallega quedan absolutamente abolidas todas as razas de cousas e persoas e todas as marcas de animais ou cousas ou persoas. a partires de agora todo será dun só tipo: tipo 'Región Gallega' . e non se fale máis.
este novo acordo da Región Gallega está en consoancia co movemento incendiario SuFaTo (super a favor de todo).
Dr. Kabuto

6.2.06

IGUANA: animal oficial de compaña


A IGUANA, foi oficialmente declarada ACRG
(Animal de Compaña da Región Gallega).




Colectivo INSEMINARIO

3.2.06

Less is more REGIÓN GALLEGA xa!
Dr. Kabuto

2.2.06

alguén tiña q decilo

algún día tiña que berralo:

MANUEL MARÍA ERA UN POETA MALÍSIMO,
LAMENTABLE, ABURRIDO E ÑOÑO!!!! CÓMO CARALLO SE PODEN DICIR TANTAS CHORRADAS? !!
UN CANCRO PARA A POESÍA. UN CANCRO PARA A POESÍA EN GALEGO.... UN PUTO ROLLO
GRIS E MOJIGATO

joder que agusto quedei............
berrado por: Dr. Kabuto

1.2.06

Okupa

Está visto que o non saber ocupa lugar (poltrona, neste caso).

Dottore Mignoca

restando

se o pobo galego está composto por 2.800.000 cidadáns
por qué a Unión do Pobo Galego só está composta de 800 membros?
ou será que fora da Unión nin hai pobo nin hai galego?
Jonh Wayne, 2006