INSEMINARIO

a punk attitude

17.1.12

Fraga, In Memoriam

D. Manuel Fraga morreu a idade de 89 anos. Fundador do PP destaca por ser o dirixente Español máis comprometido cos seus concidadáns. Sempre conciliador, amable, dialogante, foi un home de gran intelixencia comprometido coa loita contra a violencia en xeral e contra a violencia de xénero en particular, como ben atestigou a súa viuva. Loitou dende os postos nos que estivo en contra da simplicidade na vida pública, a favor da cultura dos cidadáns. O seu gran servicio a España e a Galicia pasa polo afondamento na cultura democrática do país fuxindo sempre do caciquismno, o paternalismo e o clientelismo, corruptas fórmulas de poder que sempre lle anoxaron.
Sen dúbida foi o responsable da caída do réxime franquisa no que se infiltrou, loitando dende o ventre do dragón contra esa maldición que durante 40 anos devorou aos seus amigos demócratas.
Salvo o parchís non lle gustaban moito os xogos de mesa inda que era moi aficionado, xa nos últimos anos, ao geocaching: auténtica pasión sentía pola localización e dignificación dos cementerios ilegais que os comunistas españois se empeñaron en distribuir por cunetas de todo o territorio.
A súa etapa galega será lembrada pola modernización do país no que se invertiron inxentes cantidades de cemento, asfalto, ladrillo e alquitrán. A modernización de Galicia culminou co espectacular xiro de 360º que a cultura galega tomou tras a creación da magnífica Cidade da Cultura que centrou a Galicia no Universo e constitúe, actualmente, un referente da construcción cultural.
Heroico superviviente dun sinfín de atentados: chegou a sobrevivir tras ser arroxado dun 7º piso por policías franquistas, sufriu un atentado en Montejurra do que escapou ileso. Sen dúbida, un rosario de milagros que fan desta figura carismática un referente moral en Europa.
Amigo doutros grandes demócratas pais da patria como Castro ou Gadafi. Pai da Constitución que consolidou o bipartidismo de feito, e na que intuiu que o a extrema dereita tería o seu lugar democrático.
Xa nun plano máis persoal era un home honesto: dixo nunha ocasión que nunca poría un condón na súa vida e así foi.
DEP


Karina Flanagan