INSEMINARIO

a punk attitude

29.1.07

Cen maneiras diferentes para acabar con Eduardo Punset, Amando de Miguel e José María Aznar

(2) Sometes a Eduardo Punset a un fortísimo campo electromagnético, de tal forma que se convirta nun imán e atraia toda clase de materiais (madeira, asfalto, pedra, carne...)

Cen maneiras diferentes para acabar con Eduardo Punset, Amando de Miguel e José María Aznar

(1) Colles a Eduardo Punset e inocúlaslle un pequeno burato negro que o absorva.

Rías de primeira e de segunda.

Tras os estudos oportunos, A Axencia Galega de Seguridade e Bonitismo determina que hai rías de primeira e de segunda.
A ría de Pontevedra é de primeira: ten unha industria fea (a merdulosa) e quérenna quitar porque afea e contamina. A ría de Ferrol é de segunda: non tiña industria e quérenlle montar unha regasificadora (regavosa) para afeala, contaminala e que, eventualmente, explote todo e onde había unha ría se formen como catro ou cinco.
En definitiva, as rías son como as persoas: hainas de primeira e de segunda, incluso de terceira ou cuarta. Xa se sabe.
Por outra banda, creemos que é unha gran iniciativa: a industria do Feísmo: o que é feo pasámolo a bonito e gañamos cartos, o que é bonito pasamolo a feo, gañamos cartos e logo pasámolo de novo a bonito e voltamos a gañar. Fantástico.
É un gran exemplo para a cidadanía. Cada vez que se escoite a verba "feísmo" pensarán se a sua leira ou concello está nun área A ou nunha área B.

Ives Rocher

20.1.07

Super a Prol de Ana María e a súa proposta para o Estatudo

Mentres os pseudolíderes debaten o Novo Estatudo e se perden en esencialismos decimonónicos, nos non imos entrar aí, Galicia é unha Región, tampouco atopan xeito coa financianción.
Ana María Ríos, a perruqueira de Arcade coñecida por ser detida pola Nación Mexicana, pola contra ponse a traballar e soluciona o tema da financiación. Ela limítase a saír en tetas nunha revista Nacional Española. Por cada teta correspóndenlle unhs 50.000 euros así que con iso xa solucionamos os problemas de financiamento da Región.
Polo tanto no novo Estatudo será obrigatorio que cada gallega saia en tetas nunha revista Nacional Española. Se algunha se nega, ensinará ademáis o cú. E se por riba aduce problemas morais, éticos e chámalle porca a Ana María, terá que ensinar a cona. Porque todos sabemos que as mulleres que se opoñen radicalmente é porque teñen as tetas feas, vamos, as acomplexadas.
Así que SuperAProl da proposta de Ana María, a quen dende aquí, dámoslle un cálido abrazo.

ACITEE (Alto Comisionado Inseminario para Tetas e Estatudos)


15.1.07

Feismo (II)

O capitalismo e feo;
As plantacións de eucaliptos invadindoo todo son feas;
Os paseos marítimos son feos;
Os recheos sobre o mar son feos;
O aparcadoiro en Cabo Fisterra é feo;
A homofobia é fea;
A soidade é fea;
A Voz de Galicia é fea;
Os tanques de Ferrazo son feos;
Facer chistes sobre Gayoso para parecer moderno é feo;
As piscifactorias son feas;
As chemineas de As Pontes son feas;
As canteiras no Courel son feas;
O Palexpo é feo;
Os antidisturbios son feos;
Os que miran para outro lado son feos;
A pobreza e a fame son feas;
A guerra é fea;
O fin que xustifica os medios é feo;
O desarraigo é feo;
Os coches oficiais aparcados en liña amarela son feos;
Os puticlubs son feos;
O desemprego é feo;
as cooperativas textís que traballan a destallo son feas;
o arribismo e feo;
Os polos de Coren son feos;
A presa rosa é fea;
Os zoos son feos;
Os maltratadores son feos;
os todoterrenos invadindo as cidades son feos;
(...)


Morfeo

11.1.07

Feismo (I)

O feismo prodúcese pola especulación inmobiliaria, que é unha consecuencia do mercado.
Logo o mercado é feo.

John Maynard Peines

Inseminario, de luto


Morreu un dos nosos indiscutíbles herois: Carlo Ponti.
Qué é o que fixo para ter tal mérito? só ser o marido de Sofía Loren; fai falla dicir algo máis?


Comité de Sabios (é dicir, de xente normal)

5.1.07

Parabéns a ETA

O movimento incendiário Super a Favor de Todo (SuFaTo) congratúlase do éxito da ETA ao lograr eliminar a dous perigosos inmigrantes ecuatorianos de los que vienen a chuparle la sangre a ESPAÑA, cognio!.

Os vindeiros obxectivos a abatir polos nosos herois gudaris poderían ser: unha gardaría para nenos con síndrome de down, un centro de acollimento a mulleres maltratadas, as cociñas económicas en hora punta, etc.

Viva el carlismo!!
Vivan la hidalguía y los privilegios fiscales de los vascos de nacimiento!!
Viva Euskadi, quintaesencia del carácter y la raza española!!

2.1.07

SuperAFavor de AC/DC

En Inseminario, tras someternos a unhas duras xornadas de reflexión (sen que serva de precedente) e considerar o tema dende todos os ángulos posibles, decatámonos, como é natural Super A Favor de AC/DC. Poderíamos desenvolver os porques (supoñendo que fora necesario), pero Antón Reixa faino moito mellor ca nós.
O feito de que a Consellería de Cultura demandara a nosa opinión ao respecto e de que finalmente vaiamos ter un edificio neste complexo cultural chamado "Edificio Inseminario" adicado á reflexión, debate, apoio, creación e promoción do Cluster do Punk na Galiza e no Mundo con diferentes áreas temáticas: " a punk attitude", "o obxectivo é a confusión", "outro terrorismo é posible", etc e o feito de que incluso haberá unha sede descentralizada para o partido Reticencia Galega, non ten absoultamente nada que ver co noso apoio incondicional Super A Prol de AC/DC.
Nós, como Reixa, criticamos a quen critica AC/DC posto que criticar é sinxelo, económico e produce grandes satisfaccións.
Tamén queremos facer notar que estamos abertos a mellores ofertas.
Preguntado Pérez Varela sobre os apoios incondicionais de Inseminario e de Reixa a AC/DC, manifestou que non se pode deixar este proxecto en mans de irresponsables semellantes e que a súa idea (sic) inicial era radicalmente diferente.



Comité Inseminario Super A Prol de AC/DC (A Carallada da Cultura)