INSEMINARIO

a punk attitude

26.3.08

O Tunning Galego, Existía!!

Hai xa dous anos, cómo pasa o tempo!, que nos preguntabamos se realmente existía o auténtico Tunning galego. Pois ben, a Guardia Civil da Región Española ven de confirmarnos que realmente Existe!!.
Por elo estamos SuperAFavor da Guardia Civil. Colateralmente veñen de descubrirmos o Movemento de Liberación Nacional Galego. Descoñeciamos a súa existencia pero acreditamos que existe, máis que nada porque é unha franquicia do Movemento de Liberación Vasco denunciado públicamente con éxito por Aznar cando non-negociaba con terroristas. Podemos tirar así varias conclusións:
  1. Existe o auténtico Tunning Galego
  2. Parte do goberno galego practica o tunning galego: A UPG leva pegatas GZ.
  3. O auténtico terrorismo galego é unha franquicia do Vasco.
  4. A Guardia Civil está conformada por Regionalistas brillantes.
  5. Existe unha conexión entre o terrorismo e o Tunning. Realmente sempre sostivemos esta hipótese.
  6. Hai polo tanto unha conexión entre o Goberno da Región Gallega e o Terrorismo.
  7. Existe unha constelación de perigosas organizacións Tuneadoras/Terroristas na Región Gallega.
P.S. Mesmo onte comentabámos que o obxecto de traballo principal dos programadores culturais galegos debería ser o Tunning exclusivamente para defendermos a cultura da Región. Tiñamos razón. Proximamente en Hierrol: "1as Xornadas Interregionais sobre Tunning Galego. Situación e perspectivas de futuro". Organizaranse varias mesas de traballo. A conferencia inaugural será impartida por un membro da picolética institución armada.

Eu son a Xoani

22.3.08

Demos gracias a los romanos

A morte de Jesucristo foi absolutamente digna a pesar de non ter coidados paliativos.
Entón, superafavor de los romanos.


Pio Pio XIII

19.3.08

Subdesenvolvemento

As investigacións máis recentes do Instituto Inseminario de Estudos Pata-Agónicos veñen de demostrar que o grao de subdesenvolvemento dun país está directamente relacionado co número de señores con bigotes.

Corolario: O afeitado dos bigotes dará lugar a un continuado crecemento económico.

Ramón Tamames

18.3.08

Foder

Queren Foder con Nos. Por puro morbo, como debe ser.
SuperAFavor, porque qué outra utilidade tería un bló se non é para foder?.


O

17.3.08

GraZas, Conselleiro

O Conselleiro Suárez Canle, sempre con ideas brillantísimas, anuncia que nos vai axudar co viño, concretamente vainos multiplicar por 10 as axudas para el. Grazas, de todo corazón. Nos sempre estamos SuperAFavor de medidas así.

12.3.08

Algo estamos facendo mal

Porque os da súa terra están SuperAProl.

Hai que reaxir, compañeiros!!

Hai que persistir, hai que confiar!

En serio que a Axencia Inseminario de Fenómenos (AIF) case estabamos a punto de tirar a toalla pero non o fixemos. Nos tiñamos confianza, persistimos, tiñamos fé, só era cuestión de tempo.
E ao final obtivemos a nosa recompensa: por fin dúas neuronas desta cabeza pensante foron capaces de artellar un micropensamento lúcido. Foi un destello, si, foi unha esperanza fugaz, pero nos persistimos porque a persistencia e a contumacia é a esencia do Espíritu SuFato.

co ca y na da+

10.3.08

Artistas


Non é certo que todos os artistas apoiaran a ZaPatareo: hai actrices que apoian a Rajoy.

P. Manhattan

9.3.08

9M

3.3.08

UPyD ?

UPyD. Senón estiveramos SuperAFavor de Reticencia Galega, a auténtica forza SuperAFavor de Todo, auténtica, aglutinadora, etc estaríamos a SuperAProl de UPyD por moitos motivos:
* o primeiro, e máis importante, é que empregan a cor maxenta. Non fagamos como os homes típicos e digamos "magenta es un color?, pensaba que era un delantero argentino" e cousas deste estilo. A cor maxenta pertence ao mesmo grupo que o rosa-punk-fuscia e iso agradable.
* Rosa Díez é o que parece.
* Rosa Díez ten uns cartaces co seu DNI no que di "lo que nos une" ou unha cousa así. Nos por suposto, estamos SuperAFavor da Unión e do DNI e tampouco temos nada en contra do nacionalismo.
* É inquedante sentirse unido a un carniceiro de Teruel ou a unha cachonda do Puerto de Santa María que teñen un papeliño plastificado semellante ao meu.
* Promenten que todos imos ter unhas casas moi moi grandes con salóns de 480 m2: o espacio necesario para colocar os cubos estes de Ibarrola e non velos moito, o xusto para xogar ao escondite ou aparentar cos parientes da aldea que che gusta a arte moderna ou rirte do paspán que di "esto lo podría hacer mi niña de 2 años" (claro, el de adulto, non, que para eso é intelixente).
* Plantea un problema filosófico clásico para debatir de corte ortegiano: "todos minten", se todos minten, eles minten?, é esto verdade? é mentira que todos minten? é verdade? é verdade que é mentira que todos minten? etc.
* Fernando Savater podería ser Ministro de Defensa e/ou de Interior.
* etc.

Sonrojado