INSEMINARIO

a punk attitude

27.4.07

Medios

... el gallego medio...
....el español medio...
... el españolito medio.... (esta mólanos moito)
.... el español de a pié... (esta mólanos moito máis, o español vai en turbodiesel)
... el ciudadano medio...
... el salario medio... (Rajoy non conta) ...."
e ainda mellor:
.... o galego medio gusta de ....
..... o españl medio opina que...
.... los españoles quieren...
....
Inseminario está SuperAProl dos Medios, consciente da súa excepcionalidade.

24.4.07

E para comer, Lugo

Cando nada queda, só queda comer.
Na Región Gallega cómese moi ben. En Lugo tamén.

Augusti/n

14.4.07

Los limones del PP

Los Limones (ex del Caribe), van a compoñer a sintonía oficial da campaña do PP en Ferrol (ex del caudillo). Lamentablemente o tema a empregar non vai ser aquel de solo yo te voy siguiendo...
Tampouco Trenes sin destino.
Non obstante, estamos Super A Favor da Iniciativa, xa que ¡malo es de pedir, pero peor es de robar!

Sito (ex de Paquita)

A lei de Partidos: unha gran gran lei.

Os progresistas opóñense a esta lei pero dende Inseminario decretamos que é unha excelente fórmula que debera ser aplicada a todos os ámbitos da existencia humana. Vexamos algún exemplo.
Antes de ter moza/o habería que facerlles asinar un documento polo cal se comprometen a estar SuperAFavor do sexo en todas as etapas da relación, Inserso incluído. Deberían así mesmo manifestarse a favor de saber cociñar e tratarse con amabilidade.
Antes de Contratar un traballador/a o xefe debería asinar un documento no que se manifesta en contra do mobbing, a favor da amabilidade e de compartir riquezas.... O empregado debería comprometerse por escrito a non ver porno no horario laboral, tomar o café nun tempo razonable, 1/2 hora (de especial interese para funcionarios), mostrarse a favor da cortesía co xefe e cos compañeiros.....
Todos os políticos deberían asinar un documento no que rexitarían contar mentiras, a violencia verbal, a manipulación, deberían amosarse en contra de enriquecerse na vida pública, a non mirarlle as tetas as secretarias, etc. e por suposto comprometerse en chamarse como se chaman, non insultar a funcionarios. Tamén deberan asinar un manifesto en contra de montar guerras e do uso nefasto do idioma e/ou língua.
Todos os conductores deberan comprometerse a respectar as reglas do tráfico, ser amables co resto dos conductores e a quedarse en casa se a adrenalina e/ou a testosterona está alta; empregarán o transporte público se non foderon convenientemente a noite anterior....

Como vedes, Inseminario móstrase SuperMegaAProl da Lei de Partidos. Esa lei tan grande como incomprendida.

Tera Guay

5.4.07

Superafavor do Poder!!

El poder,
si no se disfruta a tope,
derrochándolo a raudales,
rebozándose en él,
saboreando tu propia arbitrariedad,
entonces,
¿para qué cojones sirve?!!

Asociación da Xente Normal