INSEMINARIO

a punk attitude

28.5.07

Ter éxito é doado

Pois si. Por suposto, xa o sabiamos.
Se queredes ter éxito tedes que mexturar nunha mesma entrada:
  • PP
  • Batasuna
E xa está: ata máis de 2.000 entradas en Inseminario nun só día, ata 731 meneos en no Meneame.net, 60 chuzadas no Chuza.
Ler os comentarios foi ben divertido, destacamos un de Menéame que di: "Soy el único que se ha dado cuenta de que está en gallego y da un poco por saco leerlo?"
Xa vedes, Inseminario fai que se lea a língua propia da Región Gallega ata en Génova 13.
Estamos particularmente satisfeitos do debate de altura xerado, vexamos algunha pílula:
  • Si Batasuna pidiera el voto para el PP entonces Chuck Norris se involucionaría creando un agujero negro que destruiría el Universo. WTF? Puestos a especular cómprate un terrenito urbanizable...
  • ¿no os cansais los unos y los otros de estar cada día con el mismo tema?
    A ver si creceis un poquito.
  • ¿Se debería ilegalizar al PP por no condenar el franquismo? ¿Se debería ilegalizar al PP por no condenar el regimen cubano? Una interpretación con una intencionalidad política destructora (como se hace en el caso de ANV) permitiría ilegalizar a cualquier partido. De hecho, al ser la promoción de la ilegalización de un partido un acto genuinamente antidemocrático (comportamiento penado por la Ley de Partidos), se podría proceder a la ilegalización de los ilegalizadores.
  • Cada dia que amanece el numero de tonterias crece...lo que tenemos que leer.
  • "Amanece que no es poco"
  • etc.
A confusión é posíbel.

14.5.07

Novas: ilegalizado o PP

Madrid.- EFE
O Tribunal Superior ven de ilegalizar ao Partido Popular; nos últimos días, destacados membros de Batasuna pediran en reiteradas ocasións o voto para o Partido Popular e incluso chegaron a ser vistos membros de ETA-Batasuna nos mítines electorais da formación Popular. O líder do PP, Mario Rajoy, manifestou que era unha tropelía e que "eshto no debería haber ocurrido"; igualmente responsabilizou ao Presidente do Goberno, D. José Luis Rodríguez Zapatero da situación. O Secretario Xeral do PSOE desmentiu estas afirmacións e amosouse moi asustado pois Batasuna comezaba a perdir activamente e con gran entusiasmo o voto para a formación política socialista.
Por outra banda, a Fiscalía do Estado plantéxase pedir a suspensión de actividades do Mercadona, pois foi vista unha antiga membro de Batasuna mercando pan de multicereais nun establecemento de Bilbao. A Asociación Nacional de Panificadores e Comerciantes de Cereais (ANPCC) xa manifestou a súa sorpresa e rexeitamento.

7.5.07

Democracy

One man, one car.

5.5.07

Feísmo, unha historia de acoso

Preguntámonos unha e outra vez por qué a Intelectualidade Gallega ten que acosar constantemente aos Gallegos.
Preguntámonos se algún destes intelectuais falou algunha vez na súa vida cun paisano.
Preguntámonos unha vez máis se o Palexpo é tamén feísmo ou o urbano é todo bonitismo (por urbano) que os delataría como paletos e clasistas.
Preguntámonos ...

4.5.07

Grandes ideas do capitalismo

Sen dúbida é unha idea magnífica: poslle panais ás caixeiras dos súper e así non teñen que ir ao baño e rinden máis. Estamos, como non podería ser doutro xeito, SuperAFavor, sempre e cando non perxudique á estilizada figura das caixeiras para o noso deleite, claro.
Avogamos pola implantación deste sistema. Sabemos que Tojeiro xa está a tomar nota e inda que non o podemos asegurar, cremos que Fraga xa o empregaba dende que foi embaixador en Londres.


1.5.07

Su sinceridad me mata

Os habitantes da rexión española, de acordo a un estudo do Centro de Investigacións Sociolóxicas, están super en contra da piratería cando a practica un moro-mierda có top-manta, pero si a practican eles, na súa casa, coa banda ancha de punta madre e un programa p2p, parécelles sensacional.
Dada a sinceridade abrumadora dos habitantes da región española, o movemento SUFATO, solicita inmediatemente, a anexión da región gallega á grande e libre región española.

Manolo Barbanegra