INSEMINARIO

a punk attitude

30.3.07

No comments 3

No comments 2

No comments 1

A Igualdade, esa Lei

Gracias á lei de Igualdade aprobada no Congreso da Nación Española, agora as MULLERES teñen a oportunidade de demostrar que son tan INCOMPETENTES como os HOMES.
Por suposto, SuperAFavor.


Dirección Xeral de Desigualdade.

26.3.07

COMUNICADO DA ASOCIACIÓN DA XENTE NORMAL

Por este medio, a Asociación da Xente Normal (A.X.N.) pon en coñecimento da opinión pública o seu posicionamento a respecto dalgunhas cuestións de máxima actualidade:

1. As reiteradas apelacións do presidente do Partido Popular, D. Mariano Rajoy, á "xente normal" (españois de ben, persoas decentes, etc.) énchennos de satisfacción polo que supón de recoñecimento da nosa base social. Non obstante, nen ese dirixente político nen ningún outro membro do P.P. ten contactado coa dirección da A.X.N. para recadar información sobre as problemáticas que atinxen ao noso colectivo.

2. En calquera caso, a A.X.N. quere expresar o seu respaldo incondicional a D. Mariano Rajoy pola decisión adoptada en relación co grupo de comunicación PRISA. Grazas a esta brillante maniobra de autocensura, a mensaxe do P.P. sairá cun hándicap de partida na carreira electoral das vindeiras municipais. Un xesto cabaleiroso que sen dúbida o honra, tanto a el mesmo como ao partido que representa.

3. En solidaridade con D. Mariano Rajoy, a A.X.N. renuncia a conceder entrevistas ou a inserir publicidade en calquera das filiais dos grupos de comunicación participados polos empresarios Rupert Murdoch e Silvio Berlusconi, así como nos xornais La Voz de Galicia e El Correo Gallego. O trato displicente (senón o apagón informativo) do que vimos sendo vítimas a diario desde eses medios obríganos a adoptar tan drástica postura.

4. Solicitamos dos nosos lectores o voto á única forza política normalista que pode garantir un auténtico clima de paz social, en consonancia co galleguismo extremo que profesamos: Reticencia Galega.

A Dirección

22.3.07

¿E se Cristobal Colón fora de Pontevedra?

Se finalmente se demostrara que Cristobal Colón é de Pontevedra, hipótese nada descabellada obviamente (superafavor de que Cristobal Colón sexa de Pontevedra!), resultaría que a diáspora a América se remotaría a 500 anos atrás. Isto tería dúas consecuencias:
1º. O carrete para montar rollitos de recuperación da memoria histórica se amplía até xusto despois do abandono de Machu Pichu. Imaxinádevos a de exposicións, barcos ambulantes, canoas, libros, autobuses da memoria e museos que se pode montar. Toda unha auténtica industria cultural.
2º. ¡Pódese ampliar o censo electoral até os primeiros descendentes dos mariñeiros da Pinta chegados en 1492! (nome que claramente reflicte a orixe galega, de feito outro dos barcos se chamaba orixinariamente Marela) .
Xa non haberá que montar unha consellería da emigración, senón levar directamente a Xunta para América. Poñamos por caso que se instala na Española.
Seríamos a maior región do mundo, acadando a máxima poboación có mínimo territorio. De feito os residentes no territorio serían a minoría. Seríamos a primeira globaregión! e Touriño faría unha residencia á beira do Titicaca.
Nas eleccións munipais de Poio poderían votar 3.756.514 electores.
E encima as colas diantes dos consulados (ou consuliños) ian parecer unha performance de Hristo. Que bonito todo!

Carlos Amerycanich
PD: e a Jenifer López será galega?

16.3.07

Capitalismo

Tese:
O capitalismo crea frustración.

Demostración empírica:
próbese a comprar vivenda.

Adam Rodríguez

SuperAFavor do Obvio

Inseminario xa o ten dito moitas veces:
Somos xente Super Normal.
Rajoy non consulta con nos as súas manifestacións. A pesar de todo, imos dar unha indicación clara:
Inseminario manifestase e manifestarase sempre SuperAFavor do obvio.
Como é normal e natural.

Naturalio (normal)

13.3.07

Agora, Trilinguísmo!!

Inseminario amósase SuperAFavor do Trilinguismo. Unha vez superado o Bilinguismo Armónico, é a hora do Trilinguismo Armónico.
O ano que ven, Tetralinguísmo Armónico. A Pentaglosia Inarmónica para o seguinte. E así sucesivamente.

Trífidus Activo

Antonio Losada ten chacha

"Ter criada proporciona bastante Benestar así que todo o mundo debería ter unha, por iso da Igualdade"

Antonio Losada, Vice-VicePresidente

7.3.07

O hinno do Progresismo Climático

A nosa corista Regional favorita escribre para nos o hinno do Progresismo Climático, velaí a letra:

Adiós, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
..........
deixo a veiga polo mar,
.........
Dígoche este adios
desde a beiriña do mar.

Atomium

6.3.07

Inseminario descubre en que consitiu o cambio

SuperPiñeiro se puxo mechas!!!!!!
(Super A Favor, Of Course)

Quin Criollo

5.3.07

Os tentáculos da mafia incendiaria

Os tentáculos da mafia incendiaria son extraordinarios: agora mercaron e/ou infiltráronse nas policías españolas e portugesas así como na fiscalía, incluso o fiscal xefe do tribunal superior de xustiza está comprado! Mesmo está comprado El País (bueno, esto é menos novidoso).
É abraiante, para que logo digan os que falan de que non existe conspiranoia nen tramafia !!!

Paranoia

Progresismo climático

Ven de ser creada recentemente a Asociación a Prol Progresismo Climático (APPC). Esta asociación nace como resposta ao reaccionarismo climático que comeza a dominar o panorama público, pois os reaccionarios queren mater o clima actual a toda costa.
Na APPC defende o Progresismo Climático, é dicir, están SuperAProl do cambio climático. Este traerá vantaxes indubidábeis para a Región Gallega, vexamos:

  1. Eliminamos o feísmo: asolagados Cee, Vigo, Vilagarcía, Lacoruña, Foz, Barreiros, Cangas, Moaña, etc o feísmo diminuirá considerablemente.
  2. O clima será máis favorable ao nudismo femenino, veranse máis mulleres en camisolas de tirantes e máis minifaldas. Todos seremos máis felices.
  3. Estás ata o cú de patacas? cultivaremos dátiles.
  4. Aforraremos en calefacción polo que teremos máis cartos para invertir en aire acondicionado.
  5. O Cañón do Sil é o Gran Porto Interior que a Región Gallega precisa (estímase que serán creados uns 2.990.032 postos de traballo).
  6. etc.

Polo tanto, reinvindicamos o noso dereito a ter un camión cada un e un par de centrais térmicas en réxime cooperativo.
APPC é unha ONG dependente de Reticencia Galega, filial da Asociación de Xente Normal e da Asociación de Amigos da Xente Normal. Inseminario declárase SuperAFavor do Progresismo Climático.

Jonh Protón