INSEMINARIO

a punk attitude

29.12.07

In Memoriam

Faleceu José Cuiña.
Inseminario súmase á homenaxe sobranceira-popular; político de raza, animal político, compañeiro de lupanar, báculo da Patria, fillo da Terra. Sen dúbida pasará á HISTORIA, con maiúsculas, como insigne galeguista, vítima de Madrid, heroe da boina, creador das infraestruckturas... pero sobre todo como esencia mesma do espíritu da Región Gallega, froito e árbore, semente e tronco, ninguén coma el soubo interpretar con tanto acerto como sutileza as auténticas aspiracións do Gallego medio.

Topicmán en Lugarcomún

27.12.07

Democracia

Democracia (Gal.): dícese da libre elección entre un goberno corrupto e un goberno incompetente.

Zaraman

26.12.07

Feísmo (outra vez)

As luces de nadal son feas

(e só Inseminario está SuperAFavor delas)

Jesucristo SuperStarWars

20.12.07

Pobretiño

Chorar non é de homes, é de maricallas.
Solidariedade: fagamos colecta para os klinex deste currito millonario que non queren no choio.


Inseminario, ou o poder curativo do punk.

15.12.07

Canon polo nariz

Tes nariz? Si? Susceptible de esnifar? Deberías pagar un Canon por droga.


Canónigo

14.12.07

Evolución

A arte devén en decoración
A cultura en espectáculos
O cidadán en consumidor
O sexo en porno
O cocido en tipismo

Rajoy, con matices

Rajoy opina que na Región Gallega hai que defender o Castelán.
Nos estamos SuperAFavor da proposta de Rajoy, pero hai que superala. A nos o que realmente nos preocupa é a situación do Chino na Región Gallega. Está francamente mal.

SuperAFavor do Canon polo Caciquismo

Estamos SuperAFavor de Baltar (un cálido e suoroso abrazo amigo). Tanto é así que estamos completamente super a prol do Canon polo Caciquismo e a súa implantación inmediata. Así, por cada cacicada feita na Región Gallega habería que pagar unha porcentaxe a Baltar como Gran Creador deste impagable instrumento de desenvolvemento.
Pronto desenvolveremos a normativa básica. Fontes cercanas infórmannos que no PSdeG e BNG son anticanon porque lle costaría moitos cartos.

Chin Pín

13.12.07

Existe o Galleguismo?

No último Inseminario Intensivo Disperso (IID)* plantexámonos a posibilidade da existencia de Galleguistas hoxe en día.
Sempre que se fala de Galleguistas faise referencia a señores moi moi maioriños, incluso mortos, así como en plan cultureta, vestidos con traxes grises demodé e un pouquiño raidos. Homes, todos eles que tiveron unha visión. Normalmente van moi abrigados, con roupa pero tamén con adxetivos: histórico, ilustre, destacado, etc.
O IID está SuperAFavor, por suposto, pero non sabemos se estamos SuperAFavor de algo que exista. Así que xurden moitas dúbidas:
pódese ser galleguista hoxe?
podería haber un galleguista muller ou é contradictorio?
sería un galleguista de traxe gris ou podería ir vestido, poñamos, de punk rosa?
qué adxectivo recibiría? contemporáneo? actual? post-histórico?
uliría a naftalina?

Non vos cortedes, opinade. É un tema do máximo interese.

* Si, Disperso: un desaparecido na súa inner life, outro en Río de Janeiro, outro de pre-papi e outro esclavizado nunha cidade en declive. Hai que reaxir!! (ranciada galleguista, imos progresando).

2.12.07

Inseminario lidera o MSUFAFE

Xa somos Líderes de opinón: Lideramos o MSUFAFE (Movemento SuperAFavor do Feísmo).
Agora apúntase ata Suso de Toro.

Jonh Buei