Con cabeza y Corazón: Moi moi mal Señores do PP
Todos sabemos que lo que necesita este país son:
a punk attitude
Farémolo, farémoslle caso a Zapatero. Iremos á mesa electoral, apañaremos a papeleta de Reticencia Galega, dobraremola con cuidado, meterémola no sobre, ensinaremos o documento de identidade, comprobarán os datos, alguén dirá "vota" e nós, sobre en man, meterémoslle un hostiazo descomunal á furna.
Visto o video clip promocional da campaña de Obama, consideramos que Obama é un perdedor e que, en consecuencia, debe ser votado calquera outro candidato, incluído John McCain.
NOTICIAS.
Inseminario felicítase polo lanzamento da Colección Porno de Editorial Galaxia. Sen dúbida esta iniciativa comercial axudará á normalización definitiva da cultura galega. Os primeiros títulos anunciados, cun exquisito formato de edición de autor (moi aconsellables como regalo institucional), prometen ser superventas e referentes das novas tendencias literarias da Región:
Dada a gravidade do deterioro medioambiental que padece a costa galega, en parte debido á epidemia inmobiliaria que nos asola, a Consellería de Defensa da Xunta de Galicia, previo informe de Turgalicia, decidiu enviar ao destrutor "Curros Enríquez" (léase "Carhuos Enrhuiques") a bombardear cidades e vilas do litoral.
Avanzamos: